Un equipo do CSIC presentou o SPI (Scholarly Publishers Indicator), un ranking baseado en entrevistas a expertos en Humanidades e Ciencias Sociais que ten como obxectivo "servir de referencia nos procesos de avaliación e permitir a obxectivación dalgúns conceptos coma o do "prestixio da editorial". O ranking contén unha lista de editoriais, no que figuran quince editoriais galegas, todas ocupando postos por debaixo das cen primeiras. Pode consultar o extracto das galegas nesta mesma páxina.
Ranking de editoriais galegas no SPI
- Universidade de Santiago de Compostela (128)
- Universidade da Coruña (136)
- Galaxia (139)
- Xerais (143)
- Laiovento (184)
- Fundación Barrié (206)
- Sotelo Blanco (208)
- Toxosoutos (248)
- Consello da Cultura Galega (257)
- Espiral maior (265)
- Nigra (266)
- Centro de Investigación Ramón Piñeiro (268)
- Xunta de Galicia (269)
- Hércules de Ediciones (272)
- Universidade de Vigo (272)