O ALT de Vigo anuncia o seu programa

Desenvólvese na Cidade Olívica entre o 9 e o 14 de marzo

Logo do aperitivo que foi o maratón dedicado a Voadora a pasada semana, o Festival Alt de Vigo presentou onte finalmente a programación da súa XIV edición. Entre o 9 e o 14 de marzo, Vigo acollerá manifestacións artísticas que inclúe danza, cinema, música e teatro. Funboa Escénica, Matarile Teatro, Pierre Rigal e a Cie. dernière minute, Rafa Molés e Pepe Andreu, Cristina Blanco ou Anómico Teatro son algúns dos nomes que participan na cita. O proxecto complétase co ciclo ALT. Procrea en femenino, unha iniciativa que porá en diálogo a danza e mais a pintura na Fundación Laxeiro o vindeiro día 11.

Programa completo do ALT 2015.