A semana pasada o CCG presentaba as publicacións dixitais das actas dos congresos "Mil e un Cunqueiros" e "Rosalía de Castro no século XXI". Dous importantes eventos académicos que se plasman agora nestas publicacións dixitais pensadas para seren lidas con comodidade en calquera soporte. Esta historia é un convite a navegar por elas.
Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
- A luz das cidades somerxidas. César Antonio Molina narra no seu relatorio inaugural os seus primeiros recordos de Cunqueiro, e como o gran escritor visitaba, sempre que ía á Coruña, espazos queridos dos que tiña máis dunha historia.
- O catedrático de Oxford John Rutherford escribe sobre Cunqueiro e a tradición literaria anglófona, sen explicarse onde é que aprendeu o seu dominio da lingua inglesa
- Cunqueiro bromista. Xosé Luis Franco Grande narra unha anécdota sobre unha trasnada que Cunqueiro realiza ao seu amigo Acuña Castroviejo sobre unha suposta dedicatoria que lel fai . Cóntao en Cunqueiro entre a realidade ea imaxinación
- Helena Miguélez explora o discurso transmitido pola musealización da casa de Rosalía de Castro
- A profesora Mirta Suquet, da Universidade de Staten Island, analiza o debate sobre o papel das mulleres nas ciencias no XIX e a súa consecuencia nas artes e na obra de Rosalía
- Francisco Díaz Fierros explora a visión da ciencia e da técnica no obra de Rosalía de Castro
Rosalía de Castro