Co lema Da ciencia á ficción preséntabase esta mañá a XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O Pazo da Cultura acollerá o groso das actividades deste xa clásico encontro entre o 27 de febreiro e o 28 de marzo. Exposicións como Os nenos soldados (Momar Badiane), Investigarte, Deporte por dentro ou Darwin VIVE son algunhas das que se poderán ver no encontro. Canda a isto, un nutrido programa de actividades inclúe contacontos, obras de teatro, espectáculos de maxia, obradoiros e actuacións como a da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra a musicar Peter Pan ou o concerto Xente miúda, moita fartura de Pablo DÃaz. Entre as propostas, destaca a estrea da compañÃa Chévere O circo atómico das irmáns Faynman ou a do novo traballo de Pep Bou.
Programa do XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil.