Teatro do Atlántico estrea en Narón O Principio de Arquímedes

Xúlio Lago dirixe o texto de Josep María Miró i Coromina

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta noite a estrea de O Principio de Arquímedes. Teatro do Atlántico, que acaba de facer trinta anos, leva a escena esta obra do catalán Josep María Miró i Coromina baixo dirección de Xúlio Lago e con María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Viéitez sobre as táboas. O conflito entre uns pais e un monitor de piscina sospeitoso de pederastia é o eixe dun traballo que conta con escenografía de Baltasar Patiño, espazo sonoro de Anxo Graña e vestiario de Susa Porto.

Logo da estrea, prevista para as 20:30 da noite, a obra continuará xira cun segundo pase en Narón, en sábado. A seguir, poderá verse a montaxe en Compostela(Teatro Principal, 27 e 28 de febreiro), Carballo (Pazo da Cultura, 6 de marzo), A Coruña (Teatro Rosalía Castro, 20 e 21 de marzo), Lugo (Auditorio Gustavo Freire, 26 de mazo) e Ourense (Teatro Principal, 28 de marzo).