Carballo e A Mesa animan a celebrar os aniversarios en galego

Publican na rede o vídeo e a letra da canción Parabéns para ti

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Animar a que se celebren en galego os cumpreanos é o obxectivo do vídeo que acaban de presentar conxuntamente A Mesa pola Normalización e mais o Concello de Carballo. Parabéns para ti achega a versión na nosa lingua da canción máis famosa para felicitar aniversarios e pódese ver de balde na rede. O tema, que se presentou o mércores pasado na Biblioteca Rego da Balsa, gravouse nos estudios a Escola da Rúa. A adaptación do tema correu da man de Nanny Mouro e a gravación e a produción do vídeo foi de Mamá Lola estudios.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Carballo

Claves

Lugares