Ao igual que nos últimos anos, de novo serán 200.000 euros os que a Xunta de Galicia destina en axudas á tradución de obra desde e para o galego. En total destinaranse 120.000 euros para a tradución desde outras linguas para o galego e 80.000 euros para a tradución desde o galego para outros idiomas, contÃas que se distribuirán entre esta anualidade e 2016 a razón de 90.000 euros esta ano e 110.000 o vindeiro. O prazo para solicitar estas axudas comeza o 11 de febreiro e remata o 11 de marzo.