Os díxitos da nación

Créase o Arquivo Histórico do Nacionalismo Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Asemblea nacional das Mocidades Galeguistas (1936). Fundación Alexandre Bóveda

Asemblea nacional das Mocidades Galeguistas (1936). Fundación Alexandre Bóveda

Dez entidades culturais galegas uníronse para crear, gradualmente, o Arquivo Histórico do Nacionalismo, un acceso unificado a todos os documentos que custodian estas entidades tan vinculadas aos diferentes momentos do nacionalismo galego.

Onte presentouse en Santiago o Arquivo Histórico do Nacionalismo Galego, unha iniciativa para coordinar a dixitalización e o acceso a miles de documentos custodiados que permiten coñecer a evolución do nacionalismo galego desde primeiros do século XX.

O proxecto foi presentado onte en Santiago de Compostela coa presenza dos representantes das dez entidades promotoras: Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Bautista Álvarez, Fundación Castelao, Fundación Galiza Sempre, Fundación Losada Diéguez, Fundación Manuel María, Fundación Moncho Reboiras, Fundación Vicente Risco, Murguía Revista Galega de Historia e o Museo do Pobo Galego. O arquivo estará dirixido polo historiador Uxio Breogán Diéguez.

O obxectivo é “poñer en valor” e”posibilitar o acceso” aos arquivos específicos de cada unha destas entidades, a través da dixitalización dos documentos e o soporte no web do proxecto. Polo de agora están incorporados documentos en diferentes formatos para amosar a versatilidade do arquivo. Desde o texto Nós, os inadaptados, de Vicente Risco, dixitalizado pola Fundación do autor, o primeiro número da revista da UPG Terra e tempo ou o boletín Eixo, publicación sindical editada na clandestinidade entre o 1974 e o 1976.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito