Unha memoria subacuática

O proxecto Galician Shipwrecks busca poñer en valor a tráxica historia das costas de Fisterra e Muros

| Santiago. Redacción | Seccións: Reportaxe
Compartir:
Foto: Proxecto Galicia Shipwrecks

Foto: Proxecto Galicia Shipwrecks

Durante moitos séculos, a Costa da Morte foi un espazo perigoso para aqueles buques que afrontaban os roteiros comerciais do Atlántico. Ducias de buques comerciais, de guerra ou de pasaxeiros afundíronse nas súas costas levando con eles a centos de vítimas. O proxecto Galician Shipwrecks promove roteiros e actividades para coñecer este tesouro.

Nomes coma o Capitana de la Saane, o Great Liverpool, o HMS Captain, os barcos da famosa Armada Invencible, o Blas de lezo ou o Cardenal Cisneros son algúns dos buques que descansan nas augas do Seo de Fisterra ou da ría de Muros e Noia. Un patrimonio subacuático que poucos poden apreciar ao precisar de inmersións para ser apreciado.

O proxecto Galician Shipwrecks busca facer máis coñecido o enorme potencial arqueolóxico de todos estes buques que se afundiron na zona sur da Costa da Morte. O Grupo de Acción Costeira de Fisterra e Muros-Noia financiou un proxecto para "achegar ao público a realidade deste patrimonio subacuático, documentar e poñer en valro este importante legado histórico".

Deste xeito, o web contén fichas de dezaseis pecios afundidos na zona entre Fisterra e a ría de Muros e Noia, e se complementan con dous roteiros turísticos, un de Fisterra-Ézaro e outro pola ribeira de Porto do Son. Os roteiros teñen paneis e códigos QR que explican os lugares de afundimento e as circunstancias da traxedia. A maiores o web dá ligazón a dúas empresas de buceo que ofrecen servizos de mergullo para aqueles que queiran coñecer in situ algúns destes pecios afundidos.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fisterra, Muros, Morte, Costa da Morte...