Os editores dan a coñecer os libros e autores finalistas do ano

Darán a coñecer os gañadores na Noite da Edición

A Asociación de Editores Galegos deron a coñecer a estensa lista de finalistas ás diferentes categorías coas que anualmente veñen galardoando o libro galego. Ficción, non ficción, poesía ou teatro, ilustración, infantil e xuvenil, mellor iniciativa editorial ou autor ou colectivo de autores en lingua galega, nas que están propostos María Caamaño, María Reimóndez ou Xurxo Souto, son algunhas das categorías. Pode consultar os finalistas completos no web da Asociación Galega de Editores. Os gañadores coñeceranse no transcurso da Noite da Edición.