A produción editorial galega no pasado ano incrementouse, segundo os datos do ISBN que daba a coñecer onte a Federación de Gremios de Editores de España. A contrariar a tendencia xeral, en Galicia editáronse 2.274 tÃtulos nese ano fronte aos 2.083 do anterior. Ademais, deuse un destacado incremento da edición dixital, formato no que saÃron 483 obras, máis do dobre que en 2013. A produción editorial galega sitúase asà no quinto posto a nivel estatal, por tras de Madrid, Cataluña, Valencia e AndalucÃa.