O Saló del Còmic convida o galego José Luís García López

O debuxante conta cunha extensa carreira na editora estadounidense DC

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Retrato de José Luís García López no seu Facebook

Retrato de José Luís García López no seu Facebook

A 33 edición do Saló del Còmic de Barcelona, que se celebrará o vindeiro mes de abril, terá sabor galego. Dos dous primeiros nomes de convidados que anunciou a organización, un naceu en Lalín. O debuxante José Luís García López chegará a Barcelona cunha exposición como recoñecemento á súa extensa carreira en DC Cómic, en Estados Unidos. García López traballou con personaxes icónicos como Superman ou Batman ademais de ser responsable da guía de estilo da editorial. Parte do seu traballo está a ser editado en España da man de ECC Cómics.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Guía, Saló del Còmic de Barcelona, Lalín...