Comprender as intencións de arquitectos relativamente recentes e poder criticar, con argumentos, os seus traballos. Este é o obxectivo principal co que un grupo de antigos alumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña botaron a andar un catálogo colectivo e en liña que compila todo tipo de datos e documentación sobre construcións singulares contemporáneas do noso país. Unha proposta pioneira que pon ao alcance do público xeral un mundo pouco coñecido.
"Tiñamos curiosidade por conseguir información sobre a arquitectura que nos rodeaba. Cada un de nós procuraba pola biblioteca e pola rede, e o que fixemos foi xuntar e compartir esta información, para que todo o mundo teña acceso a ela de forma aberta. A orixe do proxecto foi algo tan natural coma iso". Iago Valverde, un dos responsables de Arquitectura de Galicia, explica o comezo dun proxecto que nesta altura rolda as 600 referencias catalogadas. A falta de datos sobre unha grande parte das edificacións que existen ao noso arredor está detrás do proxecto. "Hai unha arquitectura anterior aos anos sesenta que xa fai parte do patrimonio e que está recoñecida e documentada. Catálogos como o Docomomo recollen moitas destas experiencias, pero a partir desa época é moi difícil atopar información. Nós o que tentamos e continuar ese labor de catalogación". O xeito de o facer un catálogo en liña, aberto e colaborativo, no que se poden atopar fichas exhaustivas de proxectos con ano de construción, autoría, planos, fotografías e descricións razoadas. Ademais, pódense seleccionar contidos por anos, autores, localizacións, premios ou mesmo usos.
Arquitectura para a xente
A proposta foxe da especialización e tentar facer accesible as claves das construcións a persoas que non fan parte do mundo desta disciplina. "Queremos que desde unha especie de lectura obxectiva da arquitectura, o espectador poida ter todos os datos para entender o proceso intelectual polo que o autor chegou a determinado resultado", explica Valverde. "Gustaríanos chegar a xente que non ten unha relación directa coa arquitectura, que vexan a disciplina como algo positivo, que vai alén dos arquitectos estrelas que aparecen nos medios. A idea é tentar que un achegamento coas construcións máis próximas, non tan espectaculares pero que responden ás necesidades das persoas".
O comezo de hoxe
"Temos como ano de partida para o noso traballo o ano 1957", sinala este arquitecto. Nesta data coinciden feitos históricos como as primeiras emisións televisivas do Estado 2co conseguinte proceso de uniformización cultural". Fabrícanse tamén os primeiros 600, "o que mudou enormemente a paisaxe, xa que clase media tivo unha maior facilidade de desprazamento e puido acceder a vivendas máis afastadas do seu posto de traballo". Ademais, "nace a primeira lei urbanística moderna e comeza o desarrollismo franquista coa política dos polos de crecemento, dando pé tamén ao comezo da especulación inmobiliaria".
Fontes e voluntarios
En total son nove as persoas que colaboran en encher de contidos este catálogo, "cadaquén cos seus propios criterios e a traballar de xeito voluntario". Os responsables desta iniciativa, no entanto, recoñecen que non sería posible sen a existencia dun importante previo de catalogación desenvolvido desde o Colexio de Arquitectos de Galicia e doutras iniciativas. "Contamos con bibliografía de revistas de arquitectura e unha multitude de guías que habitualmente non chegan ao público xeral. Este é un xeito de abrir na rede ese material". Canda a isto, "tamén recollemos datos directamente de webs e blogs no caso da arquitectura máis inmediata".
Especialistas e modas
Á hora de seleccionar qué elementos se integran no catálogo, Valverde recoñece que "existen diferentes criterios segundo cada colaborador". No entanto, acha que se poden atopar tres grandes eixos que marcan a incorporación de obras. "Por unha banda recollemos o criterio de especialistas. Incluímos obras que van aparecendo en libros, exposicións e fontes recoñecidas", explica. Canda a isto "están os traballos máis inmediatos, que son os máis complicados. Falamos cousas que se acaban de construír e que realmente non temos claro se nuns anos se verá como algo de valor ou se se considerará parte dunha moda".
Ollar as carreiras
Outra vertente que traballa o catálogo é a exploración da obra de determinados autores. "Tentamos ler como obra colectiva o traballo de certos profesionais que desenvolven un traballo continuado no tempo e tentamos obter unha visión de conxunto do seu xeito de traballar". Fernández Albalat, Gallego Jorreto, Carlos Meijide ou César Portela son algúns exemplos destes persoeiros imprescindibles da nosa arquitectura. "Teñen unha obra dilatada no tempo e é interesante gardar o que fixeron para ter así unha lectura integral do seu proceso creativo, ver as diferentes fases e así comprender os edificios en relación a ese discurso". Segundo segura Valverde, "pódese ver como en moitos casos, ao saír da escola, un autor desenvolve unha obra moi académica, que logo vai modificando. Aparecen conflitos sociais e acaba transformándose en alguén heterodoxo, que chega mesmo a certo barroquismo e logo volta a algo máis sinxelo. Se ves a obra en contexto urbano, alleo ao resto dos traballos dese arquitecto, non entendes ben que fai ai. Isto permite situala no seu lugar".
Divulgacións
Para alén da catalogación de edificios, o proxecto Arquitectura de Galicia tamén aborda a divulgación mediante unha revista en liña. "Completa o catálogo con críticas, entrevistas e artigos desde unha perspectiva máis persoal". Ademais, o colectivo aborda accións como obradoiros de fotografía. "Trátase dun evento no que un fotógrafo vencellado á arquitectura amosa como retratar edificios nun contexto urbano". Ao tempo, manteñen unha intensa actividade nas redes sociais a atender ás novidades sobre o mundo da arquitectura.
Propostas de futuro
Como propostas para o futuro, o colectivo traballa na posibilidade de editar, sexa en formato físico ou dixital, publicacións específicas. "Pensamos en monográficos de carácter temático dedicados a cuestións como obras que teñen unha mesma utilidade, arquitectura deportiva, sanitaria, auditorios ou propostas similares que permitan ver como traballan os mesmos problemas diferentes autores en distintos contextos". A incorporación de novos colaboradores tamén está aberta. "Só cómpre ter interese pola arquitectura para participar".
Presentación de Arquitectura de Galicia no congreso SoPa'14."Tiñamos curiosidade por conseguir información sobre a arquitectura que nos rodeaba. Cada un de nós procuraba pola biblioteca e pola rede, e o que fixemos foi xuntar e compartir esta información, para que todo o mundo teña acceso a ela de forma aberta. A orixe do proxecto foi algo tan natural coma iso". Iago Valverde, un dos responsables de Arquitectura de Galicia, explica o comezo dun proxecto que nesta altura rolda as 600 referencias catalogadas. A falta de datos sobre unha grande parte das edificacións que existen ao noso arredor está detrás do proxecto. "Hai unha arquitectura anterior aos anos sesenta que xa fai parte do patrimonio e que está recoñecida e documentada. Catálogos como o Docomomo recollen moitas destas experiencias, pero a partir desa época é moi difícil atopar información. Nós o que tentamos e continuar ese labor de catalogación". O xeito de o facer un catálogo en liña, aberto e colaborativo, no que se poden atopar fichas exhaustivas de proxectos con ano de construción, autoría, planos, fotografías e descricións razoadas. Ademais, pódense seleccionar contidos por anos, autores, localizacións, premios ou mesmo usos.