Presentamos as dez reportaxes de culturagalega.org máis vistas de 2014. Patrimonio, música, arte urbana...este é un pequeno guieiro para orientarse nos temas máis vistos e nos máis buscados.
1. 10 lugares imprescindibles para visitar en San Cibrán de Las
Lansbrica, o nome galaico do castro coñecido como San Cibrán de Lás, está de actualidade. Tras moitos anos de espera, este sábado abrirá ao público o Parque da Cultura Castrexa e o seu centro de interpretación. Nesta pequena reportaxe queremos repasar algúns dos elementos que fan singular ao meirande castro de Galicia.
2. Música do Facebook ao Museo
O pasado seis de febreiro abría no Museo de Pontevedra a exposición Galicia, terra de músicos. A mostra fai un percorrido pola nosa historia musical do século XIX e comezos do XX mediante fotografías, documentos e instrumentos. Para alén do interese que pode ter en por si, o que fai particular esta iniciativa é que resulta dun proxecto colaborativo que se desenvolve a través das redes sociais. Milagros Bará fálanos do Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego e de como deu o salto da rede ao Museo.
3. Guía da Música Electrónica Galega (I): a súa historia
A "Guía da Música Electrónica Galega: como non perder o loop" é unha achega a unha música que comezou a súa historia no pop e que evolucionou ata proclamarse a súa independencia. Nesta primeira entrega, poderás explorar unha liña do tempo que ilustra dende os anos 60 ata hoxe as diferentes etapas desta música minoritaria. Os vindeiros xoves terás novas entregas da nosa Guía da Música Electrónica Galega.
4. Ollar o Vigo perdido
Vigo redescobre os seus edificios perdidos. Cen mil visitas dun vídeo no que se poden ver os principais elementos do patrimonio arquitectónico desaparecido da cidade, un libro sobre o tema e mais unha aplicación no móbil son os máis recentes exemplos do interese que teñen este bens. Por se non ficase claro, cinco edicións esgotadas de Vigo, la ciudad que se perdió, libro de referencia desde hai máis de vinte anos sobre a cuestión, amosan un interese mantido por esa paisaxe urbana que xa non existe.
5. As múltiples capas do castelo de Pambre
Entramos na rehabilitación do Castelo de Pambre para coñecer que é o que os arqueólogos están a descubrir nun dos castelos mellor preservados de Galicia. Capas e capas de obxectos que dan conta da vida cotiá da fortificación, dos seus momentos bélicos pero tamén dun pasado tan remoto como inesperado.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24033
6.As illas que trouxeron Roma
As últimas intervencións arqueolóxicas están a revelar unha fotografía cautivadora do último tramo do río Ulla, alí onde se xunta coa ría de Arousa. Coa descuberta do Mercado dos Mouros, en Valga, os investigadores están a obter un posible fascinante retrato da penetración do primeiro comercio romano en Gallaecia: pequenas illas pantanosas no sur da ribeira do río Ulla que exercerían de pequenos destacamentos comerciais, conectando por vez primeira a cultura romana co interior do país dos galaicos.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24776
7. A Universidade olla para o graffiti
Creacións de rúa, anónimas, a miúdo criticadas ou ao borde da legalidade. A arte urbana leva ao noso carón anos e anos sen acadar ata moi recentemente un certo recoñecemento. Tamén en Galicia, malia ás dificultades, unha tese doutoral pioneira está a tentar reconstruír a historia desta actividade clandestina. Á dificultade de obter unha información que só se transmitiu por canles informais súmanse as propias reticencias das universidades e institucións a lle outorgar rango de arte a este tipo de obras.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24662
8. Galegos somos e no Facebook atoparémonos
Malia a que a media de conexións por fogar continúa por detrás da media estatal, semella que os galegos nos adaptamos ben ás novas tecnoloxías, aínda que o facemos ao noso xeito. Máis fibra óptica, máis conexións móbiles e, especialmente, un maior emprego das redes sociais e interese polos contidos culturais apúntanse como algúns dos feitos diferenciais galegos en Internet. O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega analiza a relación entre Cultura e novas tecnoloxías no seu novo informe.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24356
9. O pioneiro dos contos
Foi un dos primeiros contacontos contemporáneos en galego. Un pioneiro en empregar a radio e os discos para divulgar a súa obra. Esquecido durante anos, a Central Folque recuperou agora a obra completa de Joselín, nun libro disco que recolle a súa apaixonante vida. Ademais, o proxecto inclúe tamén un espectáculo que recupera estes contos.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=23996
10. Falou San Sadurniño e falou ben
Todo comeza nun centro social dunha parroquia, nas clases de Internet para maiores. Pero canda aprender a navegar e facer un correo electrónico, os veciños do concello de San Sadurniño, un municipio rural da comarca de Ferrol, reconstrúen a memoria da súa familia, parroquia e vila a través de fotos que falan, imaxes e voces dixitalizadas que contan historias persoais e colectivas. É unha iniciativa xestionada por Carmen Suárez, a dinamizadora TIC do concello. Fálame de San Sadurniño xa ten 300 entradas que contan a vida e a memoria destas xentes.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=23852