Repetidamente temos escoitado que no noso paÃs hai unha saturación de Centros de Interpretación. ConstruÃdos maioritariamente con Fondos Europeos, ao longo da nosa xeografÃa existen 188 destes espazos, moitos deles fechados ou sen actividade. A investigadora da Universidade da Coruña Araceli Serantes analizou polo miúdo a situación deste sector e apunta a necesidade de mudar o xeito no que se xestionan.
Desde hai anos, Araceli Serantes, doutora en Ciencias da Educación pola Universidade da Coruña, está a investigar a situación e a evolución dos centros de interpretación no noso paÃs. Máis concretamente, "fixen a tese sobre os centros de educación ambiental. AÃnda que me centrei en granxas escolas ou aulas da natureza, fun compilando tamén outros". O seu estudo valeulle o Premio Extraordinario de Doutoramento 2012 e deulle pé a novas investigacións nas que puido coñecer máis polo miúdo a complexa realidade destes espazos.
Cantidades e tipos
O seu estudo cifra en 185 o número de Centros de Interpretación que existÃan en Galicia na altura de 2014, unha cifra na que se inclúen aulas da natureza, centros de divulgación, información e arqueolóxicos, centros de interpretación, ecomuseos e varios museos que, polas súas caracterÃsticas, asimÃlanse a este tipo de espazos. Segundo a investigadora, estes centros caracterÃzanse por seren "instalacións fixas que serven de referencia para as persoas visitantes que buscan información ``in situ´´ previa á visita a un recurso ou lugar de interese patrimonial". Dentro destes, e pola súa temática, Serantes apunta seis categorÃas: os de carácter cultural/etnográfico; os dedicados a unha industria ou sector económico; aqueles centrados en artesanÃas e produtos locais; os arqueolóxicos/históricos; os da natureza e, finalmente os de temática urbana.
Localización e aperturas
A franxa costeira das provincias da Coruña e de Pontevedra son as que concentran máis instalacións deste tipo, aÃnda que áreas como a zona do Ribeiro ou o centro de Lugo tamén presentan unha certa densidade de propostas neste sentido. Ourense, máis do que a provincia de Lugo, conta tamén cun bo feixe de centros. "A maior parte están en concellos con pouca poboación que carecen de recursos para a contratación". Segundo apunta, a maior parte dos centros que existe no noso paÃs xurdiron por iniciativa local, xa fose municipal xa mediante un consorcio, e "ata nun 70%", foron financiados mediante fondos europeos, xa que "hai convocatorias de axudas nas que crear un destes espazos dá puntos, porque Europa considera que iso implica unha oferta que perdurará no tempo".
Feches
O problema, segundo explica Serantes, é que "os concellos á hora de planificar pensan en canto lles custará crear o centro pero non reservan cartos para os dotar de persoal e polos en marcha". O resultado, un mapa cheo de centros fechados, con escasa actividade ou con horarios pouco convencionais. AsÃ, segundo os datos máis recentes desta investigadora, en 2014 habÃa no noso paÃs nada menos que 50 centros de interpretación fechados ou en construción, estes últimos con obras paralizadas en moitos casos. "Son moitos os que están fechados e se non os coñeces é difÃcil saber de qué tipo son". Dentro destes, preto da metade están relacionados con valores naturais, seguidos dos relacionados coa historia e a arqueoloxÃa.
Planificacións
"Hai situacións case cómicas" asegura esta investigadora. "Teño visto nun xornal que se vai abrir o Centro de Interpretación do Pemento Branco na provincia de Ourense, e cando vou alà a ver quen o xestiona, descubro que o Concello no sabe nada. E tamén acontece ao contrario, hai espazos que levan anos a funcionar e a nivel municipal non saben deles". Serantes insiste na problemática planificación destes espazos. "En ocasións construÃronse centros en lugares onde a poboación local non os demandaba e non estaban preparados para valorar estes contidos. En paralelo en moitos lugares hai grupos que fan uns traballos estupendos sobre patrimonio e tradicións que non se reflicten nestes espazos. É imprescindible que a poboación local sinta que cumpren unha función", explica. "En Vila de Cruces, por exemplo fixeron un sobre o galo de curral, nun momento no que están a tentar potenciar este produto. Entón este espazo consegue 600.000 euros de axudas mentres os criadores non teñen un só euro". O Centro de Interpretación dos Parques Naturais, que comezou a se construÃr en Ourense é outro exemplo de xestión, ao seu ver, inadecuada. "Pecháronse todas as aulas da natureza dos parques naturais galegos pero hai cartos para facer iso", sinala.
Evolución: da natureza ao turismo
A tipoloxÃa destes espazos foi evoluÃndo co tempo."Os primeiros que se crearon estaban vencellados ao medio natural e financiáronse maiormente desde Administración autonómica. Supoñen un número importante, pero cada vez créanse menos deste tipo", explica esta investigadora. "A partir do ano 2000 a maior parte dos que se crean dedÃcanse a actividades económicas e industrias asà como ao patrimonio cultural, cunha proposta máis orientada ao turismo e financiados mediante fondos europeos". Entre todas estas instalacións, Serantes destaca "un grupo moi interesante que son os dedicados a produtos locais ou a artesanÃa. Moitas veces son os mellores, capaces de presentar ao público un produto concreto, recoller a traxectoria e amosar por que se desenvolve isto nun lugar". O da olarÃa de Gundivós en Sober, o da Lamprea de Arbo ou o museo dedicado ás cera nas Neves son algúns do exemplos que presenta.
Outros exemplos
Canda a estes salienta algúns exemplos como o Centro de Interpretación Histórico Cultural Santa Leonor, de Trives. "É unha antiga escola que propón un percorrido autoguiado pola montaña. Explica os traballos da poboación na mina, a emigración, a relación coa serra e o significado para a poboación do lugar". Canda a este, apunta "o de Toques, aÃnda que está actualmente fechado", ou "o de Rianxo sobre o mar. Fixeron unha recuperación da carpintarÃa de ribeira e explican moi ben os ecosistemas. Outro que paga moito a pena é o Museo do Mar de Fisterra".
CidadanÃa
Como solución á problemática destes espazos, a investigadora apunta a necesidade de que a sexa a sociedade civil quen se faga cargo deles e os poña en valor. "Eu convido aos meus alumnos a tomalos. Que vaian aos concellos con propostas de xestión. Se a administración local non é quen de os ter abertos, ten a obriga ética de permitir que os xestionen entidades que presenten un plan de viabilidade interesante. Non ten sentido que estean fechados". No entanto, segundo recoñece, esta vÃa non está a ter moitos casos en Galicia. "Está a Casa das Insuas, que se construÃu como Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño e que hoxe serve de base para a Asociación Galega de Custodia do Territorio". A incidir na necesidade de contar coa colaboración local, Serantes apunta que "hai poucas experiencias deste tipo que se desenvolvan desde a iniciativa privada, pero estas sobreviven". Logo da proliferación dos últimos anos, a investigadora non pensa que en breve vaiamos ver novas instalacións deste tipo no paÃs. "Penso que agora mesmo entre que non hai cartos e que moitos non funcionan, os concellos non vas investir nisto. Darase un momento de parón e agardo que logo dea en que a cidadanÃa se faga cargo destes proxectos".
Artigo: Os Centros de Interpretación en Galicia: un recurso para o desenvolvemento turÃstico sostible? de Araceli Serantes.Desde hai anos, Araceli Serantes, doutora en Ciencias da Educación pola Universidade da Coruña, está a investigar a situación e a evolución dos centros de interpretación no noso paÃs. Máis concretamente, "fixen a tese sobre os centros de educación ambiental. AÃnda que me centrei en granxas escolas ou aulas da natureza, fun compilando tamén outros". O seu estudo valeulle o Premio Extraordinario de Doutoramento 2012 e deulle pé a novas investigacións nas que puido coñecer máis polo miúdo a complexa realidade destes espazos.
Cantidades e tipos
O seu estudo cifra en 185 o número de Centros de Interpretación que existÃan en Galicia na altura de 2014, unha cifra na que se inclúen aulas da natureza, centros de divulgación, información e arqueolóxicos, centros de interpretación, ecomuseos e varios museos que, polas súas caracterÃsticas, asimÃlanse a este tipo de espazos. Segundo a investigadora, estes centros caracterÃzanse por seren "instalacións fixas que serven de referencia para as persoas visitantes que buscan información ``in situ´´ previa á visita a un recurso ou lugar de interese patrimonial". Dentro destes, e pola súa temática, Serantes apunta seis categorÃas: os de carácter cultural/etnográfico; os dedicados a unha industria ou sector económico; aqueles centrados en artesanÃas e produtos locais; os arqueolóxicos/históricos; os da natureza e, finalmente os de temática urbana.
Localización e aperturas
A franxa costeira das provincias da Coruña e de Pontevedra son as que concentran máis instalacións deste tipo, aÃnda que áreas como a zona do Ribeiro ou o centro de Lugo tamén presentan unha certa densidade de propostas neste sentido. Ourense, máis do que a provincia de Lugo, conta tamén cun bo feixe de centros. "A maior parte están en concellos con pouca poboación que carecen de recursos para a contratación". Segundo apunta, a maior parte dos centros que existe no noso paÃs xurdiron por iniciativa local, xa fose municipal xa mediante un consorcio, e "ata nun 70%", foron financiados mediante fondos europeos, xa que "hai convocatorias de axudas nas que crear un destes espazos dá puntos, porque Europa considera que iso implica unha oferta que perdurará no tempo".
Feches
O problema, segundo explica Serantes, é que "os concellos á hora de planificar pensan en canto lles custará crear o centro pero non reservan cartos para os dotar de persoal e polos en marcha". O resultado, un mapa cheo de centros fechados, con escasa actividade ou con horarios pouco convencionais. AsÃ, segundo os datos máis recentes desta investigadora, en 2014 habÃa no noso paÃs nada menos que 50 centros de interpretación fechados ou en construción, estes últimos con obras paralizadas en moitos casos. "Son moitos os que están fechados e se non os coñeces é difÃcil saber de qué tipo son". Dentro destes, preto da metade están relacionados con valores naturais, seguidos dos relacionados coa historia e a arqueoloxÃa.
Planificacións
"Hai situacións case cómicas" asegura esta investigadora. "Teño visto nun xornal que se vai abrir o Centro de Interpretación do Pemento Branco na provincia de Ourense, e cando vou alà a ver quen o xestiona, descubro que o Concello no sabe nada. E tamén acontece ao contrario, hai espazos que levan anos a funcionar e a nivel municipal non saben deles". Serantes insiste na problemática planificación destes espazos. "En ocasións construÃronse centros en lugares onde a poboación local non os demandaba e non estaban preparados para valorar estes contidos. En paralelo en moitos lugares hai grupos que fan uns traballos estupendos sobre patrimonio e tradicións que non se reflicten nestes espazos. É imprescindible que a poboación local sinta que cumpren unha función", explica. "En Vila de Cruces, por exemplo fixeron un sobre o galo de curral, nun momento no que están a tentar potenciar este produto. Entón este espazo consegue 600.000 euros de axudas mentres os criadores non teñen un só euro". O Centro de Interpretación dos Parques Naturais, que comezou a se construÃr en Ourense é outro exemplo de xestión, ao seu ver, inadecuada. "Pecháronse todas as aulas da natureza dos parques naturais galegos pero hai cartos para facer iso", sinala.
Evolución: da natureza ao turismo
A tipoloxÃa destes espazos foi evoluÃndo co tempo."Os primeiros que se crearon estaban vencellados ao medio natural e financiáronse maiormente desde Administración autonómica. Supoñen un número importante, pero cada vez créanse menos deste tipo", explica esta investigadora. "A partir do ano 2000 a maior parte dos que se crean dedÃcanse a actividades económicas e industrias asà como ao patrimonio cultural, cunha proposta máis orientada ao turismo e financiados mediante fondos europeos". Entre todas estas instalacións, Serantes destaca "un grupo moi interesante que son os dedicados a produtos locais ou a artesanÃa. Moitas veces son os mellores, capaces de presentar ao público un produto concreto, recoller a traxectoria e amosar por que se desenvolve isto nun lugar". O da olarÃa de Gundivós en Sober, o da Lamprea de Arbo ou o museo dedicado ás cera nas Neves son algúns do exemplos que presenta.
Outros exemplos
Canda a estes salienta algúns exemplos como o Centro de Interpretación Histórico Cultural Santa Leonor, de Trives. "É unha antiga escola que propón un percorrido autoguiado pola montaña. Explica os traballos da poboación na mina, a emigración, a relación coa serra e o significado para a poboación do lugar". Canda a este, apunta "o de Toques, aÃnda que está actualmente fechado", ou "o de Rianxo sobre o mar. Fixeron unha recuperación da carpintarÃa de ribeira e explican moi ben os ecosistemas. Outro que paga moito a pena é o Museo do Mar de Fisterra".
CidadanÃa
Como solución á problemática destes espazos, a investigadora apunta a necesidade de que a sexa a sociedade civil quen se faga cargo deles e os poña en valor. "Eu convido aos meus alumnos a tomalos. Que vaian aos concellos con propostas de xestión. Se a administración local non é quen de os ter abertos, ten a obriga ética de permitir que os xestionen entidades que presenten un plan de viabilidade interesante. Non ten sentido que estean fechados". No entanto, segundo recoñece, esta vÃa non está a ter moitos casos en Galicia. "Está a Casa das Insuas, que se construÃu como Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño e que hoxe serve de base para a Asociación Galega de Custodia do Territorio". A incidir na necesidade de contar coa colaboración local, Serantes apunta que "hai poucas experiencias deste tipo que se desenvolvan desde a iniciativa privada, pero estas sobreviven". Logo da proliferación dos últimos anos, a investigadora non pensa que en breve vaiamos ver novas instalacións deste tipo no paÃs. "Penso que agora mesmo entre que non hai cartos e que moitos non funcionan, os concellos non vas investir nisto. Darase un momento de parón e agardo que logo dea en que a cidadanÃa se faga cargo destes proxectos".
Mapa dos Centros de Interpretación en Galicia. Araceli Serantes.
Listaxe de centros de interpretación en Galicia. Araceli Serantes.