Bicos de cantar

O CCG prepara unha nova xornada de música para nenos para este 5 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Bicos de cantar

Será na praza de Fefiñáns, en Cambados. Un fermoso marco histórico para homenaxear a un dos grandes poetas galegos, Ramón Cabanillas. Esta terceira edición de No bico un cantar xa está en marcha e inclúe versos musicados, algúns compostos especificamente para a ocasión.

Aínda que o 5 de xuño é unha data que parece aínda distante, para os escolares que estudan nos conservatorios da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo xa comezou o proceso de traballo coa obra dun dos máis insignes poetas do país, Ramón Cabanillas. Nesa data do albeiro do verán interpretarán musicalmente a súa obra na Praza de Fefiñáns, en Cambados. Será a terceira edición de No bico un cantar. As dúas primeiras estiveron dedicadas a Rosalía de Castro (2013) e a Curros Enríquez (2014).

Os escolares estarán dirixidos polo prestixioso director Maximino Zumalave e acompañados do Quinteto de Metais Hércules Brass. Será a terceira vez que Zumalave coordine este concerto de nenos. Desta volta, serán cinco temas de Cabanillas arranxados por Juan Durán sobre partituras clásicas de Baldomir, Eduardo Rodríguez-Losada ou Mompou.

Os estudantes galegos poden, polo tanto, experimentar o diálogo entre poesía e música culta.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Cabanillas, Ramón Cabanillas, Ramón Cabanillas, Cambados...