Na liña dos últimos anos de conmemorar mediante a participación social o DÃa de RosalÃa, a Asociación de Escritores en Lingua Galega acaba de convocar a campaña Eu son RosalÃa!. O colectivo fai un chamamento á sociedade para gravar, de cara ao 24 de febreiro, vÃdeos que comecen coa frase "Eu son RosalÃa porque/cando/paraÂ…" e asà amosar "as múltiples sensibilidades da autora". Ademais, lembra a proposta de agasallar un libro e unha flor con ocasión da data e sinala que son xa 33 concellos, ademais das Deputacións da Coruña e de Lugo os que xa a celebran. Os escritores desenvolverán o seu acto central de homenaxe o domingo 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres.