O escritor e editor Xosé Antonio Perozo é o novo presidente de GALIX, a Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil. Perozo foi escollido na asemblea extraordinaria celebrada o pasado xoves, cos datos feitos públicos esta fin de semana. Canda Perozo, o resto do equipo directivo fica asÃ: Mercedes Cerdeiras e Francisco Castro como Vicepresidentes, Sabela González como Secretaria e Antonio Manuel Fraga como tesoureiro.