A ConsellerÃa de Cultura quere que as bibliotecas de distinta titularidade pública -municipais, provinciais ou autonómicas- manexen unha postura común de actuación ante os requerimentos das sociedades de xestión por mor da aplicación do canon das bibliotecas. Asà llo manifestou por carta o departamento autonómico aos concellos galegos e ao redor desta cuestión xuntáronse este mércores o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, co presidente da FEGAMP, José Manuel Rey. As bibliotecas deberán responder aos cambios na Lei de propiedade intelectural e do decreto de 2014 no que se desenvolven os dereitos de remuneración por préstamos de obras.