O recoñecido Centro IBBY (International Board on Books for Young People) acaba de incluÃr un libro galego na súa lista de libros para xente nova con discapacidades. Recinto Gris de Ledicia Costas, fará parte do catálogo que a entidade fai público cada ano na Feira do Libro de Boloña, que se celebrará en marzo. A obra editada por Xerais aborda un mundo distópico no que as persoas con algunha diferenza son recluÃdas e pon en valor a variedade, a solidaridade e a colaboración.