Quiosco: Escrita contemporánea V

A AELG publica en rede as actas da súa xornada sobre amuletos

12/1/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioliteratura
8 lecturas | Compartido 0 veces

As actas das VII Xornada de Literatura de Tradición Oral que se desenvolveron en Lugo o pasado mes de outubro co título Amuletos e reliquias. Usos e crenzas están xa na rede. A Asociación de Escritores en Lingua Galega acaba de publicar, baixo a súa cabeceira Escrita Contemporánea o volume de 140 páxinas que recolle textos de Eusebio Rey Seara, Calros Solla, Alfonso Blanco Torrado e mais Rosa Maria dos Santos Capelão. Cuestións como as reliquias na antigüidade, os obxectos de poder na sociedade tradicional ou a capacidade sanadora destes elementos son algúns dos temas abordados no volume, que se corresponde coa quinta entrega da cabeceira.

Universo culturagalega.gal