Quiosco: A Xanela 38

Unha homenaxe a Xulio Cuns centra a última entrega da revista mariñá

Coa lembranza a Xulio Cuns, membro fundador da Asociación Cultural Eira Vella chega ao seu número 38 a revista A Xanela. A publicación betanceira inclúe nos seus contidos textos de creación, banda deseñada crítica, literaria e musical e análises sobre patrimonio entre outras cuestións. Elena Veiga, X.H. Rivadulla Corcón, Gabriela Rodríguez, Maxi Rei, ou Víctor Tizón son algunhas das sinaturas que participan na entraga.