O premio de teatro Mome Varela Buxán que convoca o Concello da Estrada foi na súa cuarta edición para Ana MarÃa Carreira Varela. O xurado, composto por Cándido Pazó, Santiago Cortegoso, Xosé Lueiro e Henrique Vázquez considerou a obra Un intre antes do solpor, presentado por esta autora, merecedor dos mil euros do galardón entre as 14 obras que se presentaron. O xurado destacou a sensibilidade no tratamento do tema da senectude e a coidada técnica dramatúrxica do texto.