Quiosco: Criaturas 0

A revista dixital de literatura infantil e xuvenil comeza a súa andaina

Unha entrevista a Jacobo Fernández, artigos sobre criaturas na literatura galega, un bestiario da LIX internacional ou unha aproximación á obra de Maurice Sendak. Estes son algúns dos contidos cos que chega a rede o número 0 da revista dixital Criaturas. A publicación especializada en Literatura Infantil e Xuvenil que se presentou no último Culturgal inclúe tamén un artigo sobre librarías así como un repaso das novidades editoriais neste campo.

Criaturas 0.