De Ben-Cho-Shey a Ken Keirades (e viceversa)

Publican a correspondencia entre os dous escritores

Ken Keirades (centro) e Ben-Cho-Shey (dereita)
Ken Keirades (centro) e Ben-Cho-Shey (dereita)
Eran dous sabios que resistiron no interior a presión do franquismo, e que durante trece anos escribíronse sen coñecerse fisicamente, nunhas cartas cheas de agarimo, humor, ilusión e coñecemento da realidade da cultura e da lingua en pleno franquismo. A correspondencia entre Manuel García Barros (Kenkeirades) e Xosé Ramón Fernándeze Oxea (Ben Cho Shey). Dúas asociacións da Terra de Montes, os ecoloxistas da Terra de Montes, Verbo Xido e Vagalumes, recuperaron e dixitalizaron este legado.

Son 35 cartas que abranguen trece anos do franquismo, de 1956 a 1969, entre dous escritores que non se coñecen persoalmente pero queren poñer cousas en común. A correspondencia máis intensa dase entre 1958 e 1962. Pouco antes, en 1956, un García Barros de 79 anos pasa pola cadea e escribe unha marabillosa carta, chea de optimismo, á "Todos os da miña casa". García Barros ("Ken Keirades") vivirá un exilio interior. Na súa casa de Callobre dedicarase ás labores agrícolas, pero a través do correo segue conectado cos galeguistas do exilio e os do interior, enterándose das novidades.

Nesta correspondencia agora dixitalizada, os dous homes intercambiarán impresións sobre as novidades literarias, a cultura e Galicia. O seu encontro persoal producirae xa cando Garcia Barros ten 90 anos. Está na súa casa de Pousada (Callobre) e Ben-Cho-Shey foino visitar. Así o contará: "Xa cumpridos os seus noventa anos funo visitar ao seu retiro estradense e atopeino coas tesouras de podar n aman limpando as árbores frutais da súa horta. Unha treboada leváralle o palleiro e fixéralle estrozos na froita. Nembargantes, conservaba o seu bo humor e o seu nunca desmentido inxenio".