A preferencia por outros pensadores, a dificultade para acceder á súa obra ou mesmo a moda. Malia á súa sona internacional e a que autores como Carlos Casares se reivindicaron como seguidores do pensamento de Albert Camus, o existencialista francés deixou unha pegada miúda nas nosas letras. Bieito Iglesias, entre outros investigadores e crÃticos realizaron a semana pasada un percorrido por estes rastros no marco das xornadas que o Consello da Cultura lle dedicou a este pensador.
A pegada de Albert Camus como escritor e como figura fundamental do existencialismo é certamente importante no conxunto da cultura internacional. Do mesmo xeito, tamén se poden atopar ecos deste pensamento nas letras do noso paÃs. No entanto, segundo asegurou Bieito Iglesias na súa intervención o pasado xoves 4 de decembro, as achegas do francés ao noso pensamento foron fundamentalmente indirectas, e non se poden atopar ata despois da súa morte. "Hai autores como Mourullo, que nos libros de Literatura Galega vencéllanse polo xeral ao existencialismo. No entanto a influencia dáse máis pola xeración seguinte, o nouveau roman de Alain Robbe-Grillet que deu pé á Nova Narrativa Galega", asegura. "Deste xeito, a influencia de Camus é sobre todo indirecta", conclúe este investigador.
A comunicación
"Nos anos 50 Galicia estaba incomunicada do exterior, ao igual que toda España", aseguraba Bieito Iglesias como unha razón fundamental para a escasa popularidade que naquel momento tiveron as obras do francés no noso paÃs. "Isto era moi diferente dos tempos da República. Falamos dun momento no que moi pouca xente tiña acceso ás obras da República Mundial das Letras". Damián VillalaÃn, pola súa banda, sinalou a importancia da pegada de Ramón Piñeiro no pouco interese polo francés. Segundo el, tanto el como outros nomes destacados da súa xeración "recibÃan a prensa francesa e estaban ao tanto de debates como a ruptura entre Camus e Sartre". No entanto, e segundo asegura o esquerdismo do autor limitou o interese de Piñeiro por fomentar a súa penetración na intelectualidade galega.
Heidegger e non Camus
O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, interviu tamén no debate a recoñecer a "práctica inexistencia da pegada de Camus na literatura galega". Para este filólogo, o interese de Ramón Piñeiro por traducir a Heidegger ao galego marcou en boa medida os intereses filosóficos dos anos 50 no paÃs. "Piñeiro querÃa demostrar que se podÃa empregar o galego para a filosofÃa. Daquela Heidegger non tiña problema para se publicar en España, a diferenza doutros autores como Sartre, Marx ou Rosa Luxemburgo. Ademais coincidiu que existÃa un contacto directo con el, Domingo Carballo, que era lector de español na mesma universidade. Entón traduciuse A esencia da verdade, con prólogo do propio Heidegger, na que foi a primeira versión nun idioma hispánico desta obra".
Escola da tebra
Na súa intervención, Iglesias desmontou a idea de pegadas do estilo de Camus ou dos seus temas nas letras galegas do momento. "A comezos dos 50 é certo que os escritores galegos teñen un ton lúgubre, é a chamada Escola da Tebra, con autores como o primeiro Manuel MarÃa ou Cuña Novás". No entanto, para este investigador, non se poden buscar vencellos estilÃsticos coa obra do francés". AsÃ, "Cuña Novás tense vinculado co existencialismo porque estivo en Francia no ano 51, e segundo sinalaba FerrÃn na súa obra De Pondal a Novoneyra, viviu en ambientes onde predominaba o tópico existencialista". No entanto, segundo Iglesias, malia a ter coñecido ao propio Camus e a MarÃa Casares, non se atopan restos do pensamento do autor no seu traballo.
Outra tristeza e os calendarios
"Realmente, a pouco que se escaravelle vese que obras como o Fabulario Novo de Cuña Novás se teñen algo de existencialismo é co de Unamuno. En xeral expresa medo e terror pero non se perciben pegada da moral do home revoltado, propia de Camus", sinala. Tampouco se verifica, por exemplo, "a idea do absurdo como punto de partida, nin se atopan vencellos estilÃsticos". Ademais "segundo confirmou o seu propio fillo, o poemario xa estaba escrito antes da viaxe", polo que non é posible atopar nel rastros de existencialismo. En xeral, a falar desta escola, Iglesias asegura que "No existencialismo habÃa unha melancolÃa obstinada que non renunciaba a vivir e revoltarse", asevera. Fronte a isto, "na Escola da Tebra atópase unha tristeza en parte herdada da xeración anterior, produto da derrota dos galeguistas na Guerra Civil, con quen estes autores tiñan unha relación directa". O calendario tira tamén a posible influencia de Camus sobre Blanco Amor e A esmorga. "Carvalho Calero sinalaba a pegada formal de A caÃda na novela pola técnica do interlocutor implÃcito, pero na realidade a de Blanco Amor foi anterior a Camus, aÃnda que a técnica xa se empregara anterioridade".
Camus máis tarde
Iglesias si asegura recoñecer rastros do pensamento deste autor en Camilo Gonsar, "é o autor que máis achega ao existencialismo. Pero faino xa nos anos 80, coa súa obra Cara a Times Square, onde se poden atopar referencias tanto a Os estranxeiro como a A caÃda, e mesmo recupera o personaxe do Belga. Mantén nesta obra unha atmosfera de absurdo existencial, amosa o home que viva como unha árbore, a se deixar levar pola corrente instintiva".
Casares e Camus
Dentro das nosas letras, á hora de reivindicar a Camus destaca a figura de Carlos Casares. VillalaÃn explicou que o autor galego coñeceu o traballo do francés a través de edicións sudamericanas importadas ilegalmente a Galicia, que lÃa e que homenaxeou mesmo en artigos. No entanto, as súas obras non amosan polo xeral unha relación directa coas do francés. "Poida que Casares fose un lector de Camus e o estudase, mas tamén FerrÃn o leu e non escribe como el". Asà pois, Iglesias considera que "se acaso é en Deus sentado nun sillón azul onde se pode recoñecer unha postura moral camusiana, na defensa dos lÃmites contra o exceso dun personaxe inmoral e totalitario. A esa figura Casares opón a idea da tolerancia, unha postura moral que tamén atopamos en IlustrÃsima". Asà pois, este investigador centra máis nos temas do que na proposta formal o vencello. Coincide con el crÃtica e profesora da Universidade de Santiago olores Vilavedra, quen recoñece que "hai unha sintonÃa entre os dous no interese polo fondo máis que pola forma, e logo esa identificación coa postura moral".
Asà pois, o encontro que se celebrou a pasada semana no Consello da Cultura permitiu dilucidar en boa medida a presenza do pensamento humanista do francés nas nosas letras, e desmontar algúns dos prexuÃzos que existÃan ao respecto. A maiores, nas xornadas realizouse un exhaustivo repaso da figura e da obra de Camus que agora, dispoñible na rede, permite un achegamento a todos os públicos dos problemas que marcaron varias xeracións. Asà pois, podemos considerar que a relación de Camus con MarÃa Casares aparece como o principal vencello do autor co noso paÃs. Segundo lembrou na presentación das xornadas Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, non foi esta unicamente unha relación sentimental, senón que ambos compartÃan tamén posicións vitais. "Ten un valor sentimental que se engade ao filosófico", asegurou.