A pequena compaña é o tÃtulo da obra coa que Carlos Labraña Barredo obtivo o VIII premio Estornela de Teatro para nenos. O xurado, composto por Xosé Neira Vilas, Juan Andrés Fernández Castro e LuÃs Reimóndez, destacou a "perfecta caracterización dos personaxes, a tensión dramática e o vibrante ritmo narrativo" asà como a mestura de tradición galega e mitoloxÃa clásica da obra. O galardón que convoca de xeito bienal a Fundación Neira Vilas está dotado con 600 euros en metálico e mais a publicación da obra. Canda a este traballo, entre os 18 presentados, o xurado concedeu tamén mencións de honra ás obras As terapias da doutora ledicia, de Raquel Castro MartÃnez, e mais a As aventuras de Odiseo, de Xosé Luna SanmartÃn.