Como feches dos actos de homenaxe a Xosé MarÃa DÃaz Castro, autor ao que se lle dedicou este ano o DÃa das Letras, a Real Academia Galega organizou, como é habitual, un simposio sobre o autor. A sede da institución, na coruñesa Rúa Tabernas, acolle o vindeiro 11 de decembro este evento, no que se abordarán diferentes aspectos da vida e obra do poeta á luz das últimas investigacións. As reaccións da crÃtica, a pegada da paisaxe na obra do autor ou a súa relación coa transcendencia e a relixiosidade serán algúns dos temas que se tratarán da man de investigadores como Armando Requeixo, Carme Blanco, LuÃs González Tosar, Andrés Torres Queiruga, Afonso Blanco Torrado ou Xesús Alonso Montero entre outros.
Programa do Simpsio DÃaz Castro.