A homenaxe que cada ano lle fai PEN Clube de Galicia a Eduardo Blanco Amor con ocasión do seu cabodano adquire nesta ocasión unha especial solemnidade xa que o Parlamento acordou dedicarlle este ano ao narrador. A agrupación literaria conmemora os 35 anos do seu pasamento cun acto literario que se desenvolverá o vindeiro 1 de decembro no cemiterio de San Francisco, en Ourense, onde foi enterrado o autor. Nos actos está prevista a presenza de representantes da ConsellarÃa de Cultura, da Real Academia Galega e mais da Editorial Galaxia entre outras entidades.