A carreira literaria de ElÃas Portela continúa en Galicia logo do seu éxito en Islandia, paÃs onde reside, como Elias Knörr. O poeta de Cangas facÃase onte co premio de poesÃa Afundación, dotado con 6.000 e a publicación da súa obra, co traballo Bazar de traidores, que presentou baixo o lema Vaca insepulta. O xurado, composto por LuÃs González Tosar, Óscar Xabier Castro MartÃnez, Bieito Iglesias Araúxo, Francisco Pérez Lorenzo e Dolores Villanueva Gesteira, valorou "a innovación das imaxes e da estrutura da obra, a mestura dos rexistros culto e popular e a capacidade da crÃtica vitalista acompañada dun notable sentido do humor". Ademais, apunta que o autor "actualiza o legado da vangarda histórica de Manuel Antonio usando unha linguaxe expresiva dun contexto contemporáneo, cosmopolita e á vez inserido nunha forte identidade persoal". A esta duodécima convocatoria do galardón presentáronse un total de 37 orixinais.