O Culturgal ábrese ao libro de artista coa mostra Do papel ao xesto

A Deputación de Pontevedra patrocina a exhibición de 50 obras deste tipo

Un total de 50 artistas e poetas visuais que traballan cos libros para os transformar en obxectos artísticos. Esta é a base de Do papel ao xesto, a exposición que se poderá ver no Culturgal entre os vindeiros 5 e 7 de decembro e que se presentaba onte en Pontevedra. O proxecto, comisariado por Paula Cabaleiro e Antón Sobral organiza as obras en libros intervidos, libros construidos e libros reinterpretados, e é a primeira dedicada a esta cuestión no noso país. A actividade, patrocinada pola Deputación de Pontevedra, supón a primeira achega desta institución á Feira Galega das Industrias Culturais.

Antón Patiño, Baldo Ramos, Caxigueiro, María Meijide, Neves Seara, Paz Vicente, Pepe Cáccamo, Suso Basterretxea ou Yolanda Ríos son algúns dos creadores cuxos traballos estarán presentes na mostra.