Catro mesas redondas abordarán a presenza da literatura nos medios de comunicación. A Asociación Galega de Editores celebra mañá na sede do Consello da Cultura Galega o XI Simposio O libro e a lectura. A cultura nos medios. O caso galego, O libro e a lectura na rede, O libro e a lectura na radio e na televisión e mais O libro e a lectura nos xornais son os tÃtulos dos catro debates previstos. O encontro contará coa presenza de xornalistas como Manuel Gago, Camilo Franco, Xosé Manuel Pereiro, Montse Dopico, Carme Vidal, Ana RomanÃ, Henrique Sanfiz ou Xesús Fraga.