Eran espazos tradicionais de intercambio de mercadorÃas, pero non só. Innovacións técnicas, publicacións, novas ou música atoparon nas feiras puntos de entrada fundamentais na nosa sociedade tradicional. AÃnda máis, o desenvolvemento destes encontros facilitou a aparición de auténticos profesionais do entretemento que tiveron o seu papel na configuración da nosa cultura. A exposición Barriga Verde, de feira en feira reivindica as feiras como espazos que van moi para alén de mercados.
O pasado martes 11 de novembro o Museo do Pobo Galego acollÃa a inauguración da mostra Barriga Verde, de feira en feira. A mostra da Asociación Cultural Morreu o Demo, que xa se puido ver na Deputación de Lugo pretende pór en valor o traballo dos titiriteiros tradicionais galegos, con Barriga Verde como exemplo máis senlleiro. No entanto, ademais de falar sobre este personaxe, contextualiza o labor dos feirantes e reivindica o mundo das feiras e dos feirantes como un espazo de importancia para a nosa cultura.
A arte unida ao mercado
AsÃ, o espazo convida a reflexionar sobre o mundo destes mercados e da súa evolución, xa que non se pode pensar nas feiras como elementos estáticos na historia do paÃs. Segundo explica Comba Campoy, comisaria da exposición, “aÃnda que a orixe destes mercados é moi antiga, semella que na Idade Media houbo unha especial eclosión. Os mercadores ofertaban nas feiras produtos que resultaban inaccesibles para unha poboación que raramente saÃa do seu lugar de orixe”. Asà existen rexistros da celebración feira de Lugo desde 1101, da Monforte desde 1106 ou da de Mondoñedo en 1156. Xa nestes comezos a actividade comercial Ãa acompañada de elementos de ocio. “Era unha oportunidade para os artistas ambulantes”, explica a comisaria da mostra. “Moitas veces tratábase de xente con discapacidades que lles impedÃan desenvolver outros traballos, e non lles quedaba outra que se botar aos camiños e practicar algún tipo de arte. Iso explica que haxa tantos cegos cantores e titiriteiros”.
A expansión da Idade Moderna
O incremento de excedentes agrarios e a introdución de cultivos como o millo e a pataca primeiro e, a partir do século XIX a importancia crecente da produción do gando no noso medio rural contribuÃron a incrementar a pegada destas citas a partir da Idade Moderna. “Tal e como estudou especialmente o historiador Pegerto Saavedra, no XVIII deuse unha certa revolución agraria, e moitos labregos aproveitaban para vender parte da súa produción. Nesta época aparecen moitas solicitudes para que as Cortes de Madrid autoricen mercados en parroquias onde antes non existÃan”. Foi nesta progresiva consolidación das feiras como punto de encontro que foron xurdindo e multiplicándose profesións que atopaban nelas o seu principal ámbito de actividade.
Espazos de liberdade
De xeito curioso, as feiras semella que foron tamén espazos de liberdade inéditos no contexto rural do paÃs. “A eclosión dos mercados na Idade Moderna tamén topou moitas veces co rexeitamento das autoridades eclesiásticas, que temÃan aquelas reunións de persoas fóra do seu control”, lembra Campoy. Nas reclamacións que presentaba a curia denúncianse estes encontros como escenario de todo tipo de excesos pecaminosos. “A xente aproveitaba para desenvolver formas de socialización que non eran posibles noutros contextos. BebÃas, comÃase, facÃase festa e tamén habÃa ayuntamiento carnal”.
Innovacións e tradicións
Cultivos, tecidos, manufacturas, ferramentas e maquinaria, pero tamén gastronomÃa ou mesmo novas razas de gando chegaron difundÃronse no paÃs grazas a estes eventos. “Eran unha oportunidade para persoas que vivÃan illadas de coñecer outras historias e outros mundos”, lembra a comisaria. Debemos ser conscientes do papel que estes eventos xogaron na difusión do polbo ou, no seu momento, da gasosa ou das rosquillas na gastronomÃa do paÃs. AsÃ, foi a través das feiras que a fotografÃa chegou a boa parte do noso medio rural, cos fotógrafos de minuto que retrataban os asistentes. Do mesmo xeito, para os músicos profesionais o calendario destes eventos fÃxose tamén un espazo imprescindible para desenvolver a súa actividade canda ás festas patronais.
Feirantes
Apareceron asà os feirantes, persoas itinerantes de diferentes profesións que botaban a maior parte do ano a vivir en carromatos ou, chegado o momento, camións e caravanas indo de cita en cita. A concentración de xente que acudÃa a estes encontros deu pé a que fosen aparecendo ao seu redor todo tipo de entretementos especializados. Espectáculos de malabares, pallasos, ilusionistas, exposicións de animais e “monstros de feira”, barquilleiros, xogadores ou mesmo o cinema inserÃronse na nosa cultura a través destes encontros. No entanto, non todo nas feiras era innovación. “Os feirantes eran auténticos transmisores de novas e de coñecementos. Ao tempo que innovaban tamén contribuÃan a transmitir determinados romances, cantigas e historias, mantÃñanas vivas e espallábanas”, lembra Campoy. Do mesmo xeito, ata hai poucos anos as feiras funcionaban como espazos nos que se conservan costumes ou produtos relativamente difÃciles de atopar noutros ámbitos.
Literatura
Tamén se pode situar neste contexto a introdución dos calendarios agrÃcolas e da literatura de cordel no medio rural. A venda de libros e romances era unha actividade habitual, e a miúdo as feiras supuñan o principal punto de contacto de moitos labregos e labregas co medio escrito. “A literatura de cordel que se vendÃa aquà foi o primeiro xornal para moitas persoas. HabÃa desde versións reducidas de clásicos da literatura ata historias de crimes nos que primaban elementos truculentos. E tamén se vendÃan versións impresas de cantares de cegos nos que se contaban crimes e sucedidos” lembra a comisaria da mostra.
Decaemento
A chegada de novas opcións de ocio e as mudanzas nos xeitos de vida levaron a un proceso de decaemento destas celebracións. “En Europa o espazo de ocio das feiras foi substituÃdo por parques de atraccións. En Galicia o proceso foi diferente. Por unha banda influÃu moito a entrada da cultura de masas e a competencia doutras formas de entretemento. Pola outra, tal e como estudou Clodio González Pérez, deuse a separación entre o intercambio de produtos gandeiros e o ocio. Por motivos de hixiene os mercados pasan a se facer en establecementos fechados e de aà expúlsanse todas as demais atraccións e negocios”. AsÃ, en moitas festas patronais segregouse o espazo dedicado a atraccións e entretementos, que ficou no centro das cidades mentres que as partes comerciais foron para áreas periféricas. Exemplo senlleiro neste sentido foi a apertura en 1971 do Mercado de Gando de Salgueiriños, en Compostela, que tirou da Alameda da urbe o tradicional espazo de intercambio. Con estas mudanzas, “chega un momento no que a feira deixa de ter o carácter e acontecemento total que tiña, cando todos os membros da familia Ãan vender e co que gañaban celebraban, bailaban ou Ãan ver uns tÃteres. Agora o que se dá é un compoñente único de entretemento nas festas, con atraccións máis elaboradas e tecnoloxicamente avanzadas coas que é difÃcil competir desde as formas tradicionais”. Do mesmo xeito, a evolución nos modelos de compra e venda restáronlles importancia comercial a estes espazos, e en moitos casos as prazas, pendellos e lugares tradicionalmente dedicados a eles foron desaparecendo ou caendo no esquecemento.
Alén das feiras
Ademais de abordar o mundo e a evolución das feiras, a exposición explica a historia dos tÃteres europeos e a relación que ten Barriga Verde con figuras como Pulchinella, Guignol, Dom Roberto ou Kasper entre moitos outros. Ademais por vez primeira amosa ao público os bonecos e elementos orixinais da barraca que a familia Silvent empregou no seu espectáculo. Un proxector de cinema, varios xogos de tÃteres, o frontal da barraca de Barriga Verde e outros elementos amosan o traballo destes titiriteiros que se fixeron famosos co seu espectáculo por todo o paÃs durante boa parte do século XX. Un espectáculo que, non esquezamos, se realizaba en galego mesmo durante os anos máis duros do franquismo e que vive aÃnda na memoria de boa parte da poboación do paÃs. A exposición poderá verse ata o vindeiro 15 de xaneiro.