Hai xa catro anos que o OUFF, o Festival Internacional de Cinema de Ourense acollÃa a presentación do proxecto de adaptar A Esmorga de Blanco Amor, ao cinema. Mañá, a XIX edición deste evento arrinca coa estrea deste filme que dirixiu Ignacio Vilar e que protagonizan Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris. Unha produción de VÃa Láctea Filmes e Editorial Galaxia que levou seis anos a se completar e que vai chegar ás salas comerciais o vindeiro venres 21 de novembro.