Yo soy El Otro é o tÃtulo da obra coa que a madrileña Berta VÃas Mahou se facÃa onte co Premio de Narrativa Torrente Ballester na súa XXVI Edición. A novela desta autora, que se presentaba por vez primeira a un galardón literario, foi seleccionada entre unha cifra de 612 obras, un récord de participación, das que 567 estaban en castelán e só 45 en galego. VÃas Mahou levará 25.000 euros e verá a súa obra publicada. Pola súa banda, o chantandino Pablo Rubén Jorge Eyré fÃxose co premio Vicente Risco de Creación literaria que convoca o Concello de Ourense. O seu libro de relatos A verdade nos espellos impúxose entre as dezaseis obras presentadas á última edición do galardón e valeulle ao seu autor un premio de seis mil euros e ver publicado o seu traballo.