Berta Vías Mahou gaña o XXVI Premio de Narrativa Torrente Ballester

Pablo Rubén Jorge Eyré fíxose co Premio Risco de Creación Literaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Yo soy El Otro é o título da obra coa que a madrileña Berta Vías Mahou se facía onte co Premio de Narrativa Torrente Ballester na súa XXVI Edición. A novela desta autora, que se presentaba por vez primeira a un galardón literario, foi seleccionada entre unha cifra de 612 obras, un récord de participación, das que 567 estaban en castelán e só 45 en galego. Vías Mahou levará 25.000 euros e verá a súa obra publicada. Pola súa banda, o chantandino Pablo Rubén Jorge Eyré fíxose co premio Vicente Risco de Creación literaria que convoca o Concello de Ourense. O seu libro de relatos A verdade nos espellos impúxose entre as dezaseis obras presentadas á última edición do galardón e valeulle ao seu autor un premio de seis mil euros e ver publicado o seu traballo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Vicente Risco, Concello de Ourense, Gonzalo Torrente Ballester

Claves

Conceptos
Lugares