2014 é o ano de conmemoración do movemento Bravú, un importante fenómeno cultural da Galicia dos 90 que agora merece mirarse desde a distancia. Debates, proxeccións e concertos que analizarán que é que herdamos deste movemento e cara onde vai a cultura galega actual.
Do 17 ao 22 de novembro, A Coruña será bravú. Mesas redondas, proxeccións de documentais, homenaxes e concertos ao redor do movemento Bravú, o que significou, pero tamén cara o futuro da cultura galega.
O quilómetro cero da bohemia coruñenta, como definía hoxe Xurxo Souto o enclave do bar ABuserana, na praza de confluencia entre San Andrés e O Orzán, acolleu a presentación de Semana Bravú, que se celebrará durante a próxima semana para conmemorar os 20 anos dun movemento que naceu coa pretensión de reconfigurar a identidade cultural en Galicia e o seu reposicionamento no mundo tal e como afirma José Colmeiro no módulo que imparte sobre este movemento na Michigan State University.
Deste xeito, o luns 17 na Normal, ás 20 h., poderanse ver unha serie de documentais sobre o movemento bravú. Noroeste, a viaxe bravú de Sonia Barros e Marta Piñeiro; Galiza Bravú de Xaime Miranda, Elena Albán Lombao, Sabela Sampedro; Kompostela, Capital Bravú, de Basilio Martín Patino nun coloquio conducido por Alfonso Pato e María Yáñez. O martes 18 ás 20h. no Museo de Belas Artes haberá unha sesión ao redor do poder da palabra, na que participarán Manuel Rivas, Fran Alonso, Mercedes Peón e Carlos Blanco, presentados por Sofía Tarela.
O mércores 19 na Casa Museo Casares Quiroga, celebrarase No culture no future, unha charla "ao redor do presente e futuro da nosa cultura e industria cultural", no que participarán a cantante Uxía, Vítor Belho (Womex 14), Xosé Paulo Rodríguez (Red Española de Teatros) e Xosé Aldea (culturgal), presentados por Iago Martínez. E o xoves a Casa Museo Casares Quiroga a partir das 20h. acollerá unha sesión sobre a historia do rock Bravú, no que falarán Xurxo Souto, Antóm Díaz e Xan Xove falarán do rock "coruñento" e Rodri Suárez e Lydia Botana farán unha escolma das cancións máis representativas do rock galego.
O venres o Museo de Belas Artes acollerá a homenaxe ao pintor do bravú Xaime Cabanas, no que participarán coñecidos artistas contemporáneos como Xoán Piñón, Vari Caramés, Antón Patiño, Xavier Correa Corredoira ou Álex Cabanas, presentados por Xosé Manuel Pereiro. A semana rematará cunha "sesión bravú" no Garufa Club ás 22 h., cun concerto dos Diplomáticos de Monte Alto.