É ben sabido que nos últimos anos están a se multiplicar as publicacións dirixidas aos máis novos, nomeadamente no campo da música. Aos poucos, estes produtos están a se facer máis complexos, e dos discos pasamos aos libros-discos, a obras que inclúen tamén DVDs e mesmo a proxectos que integran auténticos espectáculos escénicos. Gatuxo de MagÃn Blanco ou Cocido Sinfónico de Os tres tenedores son algunhas das últimas propostas neste campo.
Quen teña idea de lanzar un disco en galego para os máis novos da casa, é mellor que o traballe moito. A competencia nos últimos anos por este sector de público está a ser feroz, e cada vez son produtos máis acabados e complexos os que chegan ao mercado. Non abonda xa con publicar un CD. O libro-disco imponse como formato para estas idades, e se inclúe DVD ou vÃdeos en liña, aÃnda mellor. A rizar o rizo, o óptimo semella complementar todo isto cun espectáculo escénico, unha opción que multiplica os puntos de venda e alonga a vida comercial destes produtos.
MagÃn Blanco e Gatuxo
MagÃn Blanco é un veterano á hora de promover proxectos multimedia deste tipo. Desde A nena e o grilo, o elemento escénico e a mestura de literatura e música son habituais na súa carreira. "Primeiro traballamos con Xoán Curiel e Charo Pita, e en A nena e o grilo nun barquiño colaboramos con Ghazafelhos", explica. Con tales antecedentes, non pode sorprender que a súa nova proposta, Gatuxo continúe nesta liña. Orientada desta volta para crianzas de entre seis meses e catro anos, o espectáculo presentouse a pasada primavera no Salón do Libro de Pontevedra e, logo dalgunhas mudanzas, estivo presente na feira Galicia Escena Pro. "Cando o presentamos o público estaba tamén no escenario, pero vimos que non era moi operativo e levámolo ao patio de butacas", explica Blanco. Raquel Queizás corre neste caso coa dirección e a interpretación dunha obra que "a nivel musical nútrese do libro, aÃnda que non tocamos todas as cancións que se inclúen nel".
Sensacións
A brasileira Enrika Maradona debuta como ilustradora nesta obra, "un libro pensado para os bebés poidan pasar as páxinas sen problema", e que inclúe un total de 16 cancións compostas por MagÃn canda a MarÃa Faltri e Jorge Juncal, agás unha que chega da man de Pierrot Rougie. O proxecto "emprega arranxos instrumentais moi básicos e tenta reflectir o mundo do bebé. Os temas queren amosar o mundo visto polos seus ollos, tentamos que o bebé cante a través de nós. A primeira canción, por exemplo, fala sobre o latexo do corazón, que o neno escoita cando está na barriga da nai. A segunda, Din Don é o nacemento, e logo vanse explorando as diferentes sensacións dos nenos".
Ampliar a experiencia
Precisamente as propostas de MagÃn foron o exemplo que na empresa de distribución de artes escénica Urdime viron como unha oportunidade. Segundo explica Emi Candal desde esta firma, "vimos que os espectáculos para público infantil e familiar teñen un percorrido moi superior do do directo en si". Os consultados coinciden en sinalar as vantaxes do formato neste sentido. AsÃ, Candal explica que "cando as familias saen do espectáculo se non teñen o libro CD desean continuar esta historia e levar a maxia para a casa, e ao contrario, achégase ao espectáculo xente que xa ten o produto e saben o que vai atopar. Ao coñecer os temas, nenos e maiores poden acompañar de xeito activo os músicos. Se para máis inclúense actividades para desenvolver na escola ou na familia, como no caso de A nena e o grilo, aÃnda se lle dá máis vida ao proxecto".
Cocido sinfónico
Tamén da man de Urdime chega á escena Cocido sinfónico, a proposta escénica musical para os máis novos de Os Tres Tenedores. Recén estreada tamén no Galicia Escena Pro, a iniciativa, segundo explica Saúl Cacharrón, "ten como piares a música e a cociña. Somos tres músicos e actores e contamos aspectos básicos da cociña con moito humor". A historia de tres vagabundos que fan unha entrevista e entran a traballar nun restaurante é o fÃo conductor do argumento e das correspondentes cancións que exploran o mundo da gastronomÃa cos pequechos. Estas dúas non son, nin moito menos, estas as únicas propostas vinculan diferentes formatos. Teatro Ghazafelhos apostou tamén por un libro a complementar o seu espectáculo 3,2,1, ao igual que o álbum ilustrado co que Tanxarina Teatro celebrou os seus vinte e cinco anos de traballo con Titiricircus.
Vantaxes
Nestes formatos, segundo MagÃn Blanco, "a retroalimentación é absoluta, o espectáculo fai que os libros se movan e á inversa, supón un complemento xenial. O formato teatral ten mellor acollida que o exclusivamente musical, en A nena e o grilo nun barquiño somos catro músicos e os nenos nin ollan para nós. Iso tamén nos libera de ter que tratar con eles, podémonos concentrar na música e deixarlle ese traballo aos actores". Saúl Cacharrón, pola súa banda, advirte desde Os Tres Tenedores que "é algo complicado facer un traballo asÃ, require moito tempo e moita enerxÃa. Pensamos que a nosa forza está no directo e queremos ter material fÃsico para que a experiencia poida continuar nas casas". Canda a isto, Candal apunta a importancia que teñen estes espazos para xerar novos públicos. "Por unha banda créanse cos directos novos espazos de venda para a música e os libros. Pola outra lévanse públicos novos ao teatro. Cos nenos e nenas van tamén familiares que ao mellor nunca foran, viven por vez primeira unha experiencia escénica e poden querer voltar a ver outras cousas".
Competencia e canles
A competencia crecente neste ámbito preséntase como un aliciente á hora de abordar producións deste tipo. "Hai moitas ofertas , e estes formatos facilitan moito a difusión", explica MagÃn Blanco. Espazos como as escolas, as bibliotecas e as familias actúan como vÃas de transmisión destes proxectos. "Por exemplo os colexios aproveitan moito o audiovisual, e reinterpretan o material que se presenta nos libros. Tamén facemos unidades didácticas que faciliten traballar na escola con este material". Cacharrón, pola súa banda, sinala que "nos últimos anos vemos máis ambición nos espectáculos infantÃs. Sabemos que os rapaces son seres moi intelixentes que tamén esixen calidade, son moi agradecidos se algo lles gusta pero tamén ven moitas cousas e teñen moita información. Entón cómpre que haxa un traballo detrás de cada proposta". Ao tempo, apunta que "vemos moitas compañÃas que traballan moi ben e tes que estar formándote, aprendendo e vendo sempre". Coincide con el Candal, quen sinala que "evidentemente nos últimos dous anos a produción de libros, música e espectáculos para público infantil e familiar foi exponencial. Trátase dun sector que ten unha alta demanda, un público que segue ás compañÃas, e que está pendente dos novos espectáculos".
Renovación e persistencia
O público infantil ten entre as súas pecualiaridades que se renova moito máis rapidamente que o adulto. En palabras de Candal, "as persoas de entre 20 e 60 anos poden ver os mesmos espectáculos, pero aos cativos de dous anos non lles vale o mesmo espectáculo que aos de seis". Isto fai que os espectadores vaian sendo sempre diferentes e que os espectáculos non sufran o mesmo desgaste que os orientados a maiores. Esta renovación constante facilita que as compañÃas poidan manter máis tempo en cartel as obras. AsÃ, se Blanco recoñece que aÃnda teñen actuacións de A nena e o grilo logo de catro anos, Tanxarina leva máis de 25 a manter en cartel o seu Titiricircus. Estas vantaxes fan que, segundo Candal, "haxa compañÃas que estaban orientadas ao público adulto e que agora ollan para este infantil, e outras xa especializadas que se afianzan". Ao tempo, tamén programadores e administracións van incorporando, ante os bos resultados, este tipo de propostas ás súas axendas.
Continuidade
De cara ao futuro, tanto intérpretes como representantes coinciden en sinalar que aÃnda fica percorrido para este tipo de formatos. AsÃ, se MaxÃn anuncia un feixe de novos traballos en desenvolvemento, entre eles un musical e a terceira parte de A nena e o grilo, Candal sinala que a continuidade na aposta polo multimedia está nunha grande medida nas mans das editoras. "Se comproban que xerar recursos na rede como videoclips e outros contidos facilitan que a xente coñeza e merque o libro, optarán por completar o produto o máis posible. Isto vai permitir que tanto elas como o sector dos directos unidos turren polo carro".