Unha obra escrita a catro mans, O episodio, impúxose na IX edición do Certame de PoesÃa Erótica de Malpica. Os seus autores, Alberte Momán e Verónica MartÃnez Delgado impuxéronse entre os 24 orixinais presentados ao premio cun poemario que o xurado calificou como "unha proposta literaria arriscada". Canda a publicación da obra, que está prevista para dentro dun ano, os gañadores repartirán 1.000 euros e levarán unha figura de cerámica de Buño. O galardón entregouse no marco da Cea das Letras que se celebrou nesta localidade o pasado dÃa 8 e que contou tamén coa presenza de Ramón Neto, gañador da anterior xeira do certame.