O 13 de novembro de 2002 o buque monocasco do “Prestige” parte en dous deixando tras de si unha vaga de mareas negras. Nos seus tanques levaba 77.000 toneladas de fuel pesado. Os efectos ambientais, sociais e polÃticos seguen a estar de actualidade, pero ¿que custo económico tivo a traxedia do Prestige? A esta pregunta pretenderá contestar o informe que cientÃficos e técnicos se comprometeron a elaborar no Seminario CientÃfico Internacional organizado polo Consello da Cultura Galega.
No caso do Exxon Valdez (Alaska, 1989), segundo o Consello Fiduciario do Vertido en Alasca, só o custo dos traballos de limpeza supuxeron 2.100 millóns de euros. Dez anos despois, no accidente de Erika (Francia, 1999) os danos ascenderon a 840 millóns de euros. A dÃa de hoxe, no caso do Prestige, o goberno estima que só os gastos de limpeza desde o pasado 13 de novembro supoñen 1.000 millóns de euros.
Pero os custos dos traballos de limpeza e restauración daquelas zonas da costa ás que chegou o fuel son inmediatos e doados de calcular. Pero non son os únicos, os colectivos que desenvolven as súas tarefas productivas dependendo directamente dos recursos danados (os sectores da pesca, marisqueo, acuicultura e turismo –incluÃdos aquà os hostaleiros e os restauradores–), asà como os indirectos (como son a transformación, o transporte, a distribución e a construcción naval). Logo hai uns custos difÃciles de percibir a primeira vista como son a perda de beneficios non intercambiados nos mercados, é dicir, os beneficios que producen para os habitantes os recursos paisaxÃsticos e os valores culturais e naturais que lles proporciona o medio.
E todos estes son os parámetros que terá en conta un grupo de investigación coordinado por Manuel Varela, catedrático de EconomÃa da Universidade de Vigo e integrado por membros de Aerna, a “Asociación hispano-portuguesa de EconomÃa dos Recursos Naturais e Ambientais” á hora de elaborar un informe cientÃfico que cuantifique o valor económico do dano provocado polo vertido de petróleo do Prestige. O informe conta co apoio do Consello Económico e Social de Galicia e naceu ao abeiro do seminario CientÃfico Internacional que organizou a sección de Ciencia e TecnoloxÃa do Consello da Cultura Galega.
MarÃa Xosé Vázquez, membro do departamento de EconomÃa Aplicada da Universidade de Vigo e do grupo de investigación que pretenderá cuantificar o desastre, cre que “unha avaliación completa de custos axudarÃa a cambiar a lexislación que favorece en primeira instancia aos poderosos lobbies petroleiros e sociedades relacionadas co tráfico de hidrocarburos”. Ademais, “queremos deixar en evidencia que as indemnizacións que contempla o sistema FIDAC (Fondo Internacional de Compensación de Danos por Hidrocarburos son mÃnimas en comparación co custo real para demostrarlles ás institucións que este sistema non ten pés nin cabeza e que hai que modificalo. Por exemplo, o goberno estima que só en tarefas de limpeza da costa houbo un custo de 1000 millóns e o FIDAC recompensará con 200”.
Consello ao Prestige
O Consello da Cultura Galega e a Asociación de EconomÃa dos Recursos Naturais e Ambientais (AERNA) celebraron do 7 ao 8 de marzo un seminario cientÃfico internacional, “Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do ‘Prestige’”. CumprÃase asà coa promesa feita no comunicado do mes de decembro no que, “como órgano de estudio da realidade cultural galega e asesoramento dos poderes públicos de Galicia, conscientes do valor patrimonial, ademais do económico e vital, do contorno natural danado” o Consello da Cultura Galega se ofrecÃa de foro de reflexión e de debate.
O seu obxectivo era dar a coñecer os métodos aplicados, os resultados económicos obtidos na avaliación dos danos das mareas negras. Para o que se presentou un programa formado por expertos e cientÃficos recoñecidos a nivel internacional e que tiñan experiencia en vertidos semellantes producidos por petroleiros, concretamente o Erika e o Exxon Valdez que foron os máis devastadores das catástrofes producidas.
MarÃa Xosé Vázquez afirmaba que as xornadas servÃan como punto de partida “porque o informe está en fases preliminares, e asà estamos deseñando o estudio de avaliación e facendo unha análise das diferentes partidas que temos que analizar, e que van desde o impacto sobre o sector extractivo ata o impacto sobre o sector turÃstico”. E cada metodoloxÃa e cada indicador será diferente en función do que se queira analizar.
De todos os xeitos, MarÃa Xosé Vázquez ten moi claro a quen lle compete botar as contas dun desastre que se produciu por un corredor polo que pasan o 60 por 100 do tráfico de hidrocarburos que viaxa cara ao centro e norte de Europa. “Os bens privados, argumenta MarÃa Xosé, teñen un dono e teñen alguén que os defenda, por dicilo de forma moi simple, en cambio os bens públicos son os gobernos e as institucións públicas os que teñen que defendelo ssexa ao nivel que sexa”
Aprender das desgracias
As experiencias obtidas do Exxon Valdez e do Erika serviron de pauta para analizar os do Prestige. Xa non só na metodoloxÃa, senón tamén na problemática e en todos os atrancos. MarÃa Xosé Vázquez afirma que hai dúas similitudes “nós parecémonos ao caso de Alasca na importancia e na riqueza natural e biolóxica das nosas costas e no caso de Francia pola importancia que tiña o sector pesqueiro e marisqueiro”. E para aprender detalladamente estiveron Molly MacCarmmon, do Consello Fiduciario creado logo dos vertidos do Exxon Valdez en Alasca e François Bonnieux e Pierre Rainelli, polo caso do Erika.