Santiago Cortegoso, Antón Cortizas, Andrea Bayer e Xavier Lama, premios 2014 de literatura dramática da Agadic

Cada un dos premiados recibirá 6.000 euros

A vixésimo segunda edición do Álvaro Cunqueiro para textos teatrais recaeu na obra ‘Raclette’ de Santiago Cortegoso, mentres que Antón Corizas obtivo o VIII Manuel María de literatura dramática infantil por ‘Xogando con gatos’. O XI Barriga Verde de textos para monicreques foi para ‘O lobo e a lúa’, de Andrea Bayer, na categoría de teatro para rapaces; e para ‘Ela, piedade dos suicidas’, de Xavier Lama, na modalidade para adultos. Os premios son convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Ademais dunha dotación económica de 6.000 euros para cada premio e modalidade, as bases contemplan a posibilidade de que as obras gañadoras sexan publicadas dentro das coleccións de literatura dramática que a Consellería de Cultura mantén en colaboración con varias editoriais galegas.