Para alén da mingua xeral dun 5% que sufriron os orzamentos de Cultura na proposta da Xunta para 2015, hai ámbitos nos que os recortes se deixan sentir máis. En particular, os fondos dedicados a patrimonio e a lingua son os máis castigados nas novas contas. Dentro das propostas da Xunta detéctase un maior apoio á arqueoloxÃa en detrimento do patrimonio, máis apoio a concellos na difusión cultural.
Menos patrimonio
O programa 433a, dedicado á "Protección e promoción do patrimonio histórico, artÃstico e cultural" pasou dos 15.392.806 de 2014 aos 13.683.366 do presente exercicio, o que supón un recorte de 1.709.440 euros. Dentro das baixadas no referente ao patrimonio, destaca a da partida destinada a Adquisicións de Bens Culturais, que pasa de 382.721 euros a 208.938. Tamén son 200.000 euros menos os destinados á conservación e restauración de pinturas murais e retablos, que fican só con 100.000. Pola súa banda, os fondos para intervencións no patrimonio (632.981 euros) e mais os destinados a promoción catalogación e inventario (428.748) sofren descensos próximos aos 150.000 euros cada apartado. Do mesmo xeito, haberá 75.000 euros menos en axudas e convenios para conservación do patrimonio, que fican cuns fondos de 305.000.
Máis arqueoloxÃa
Pola contra, dentro das poucas subas neste programa, semella incrementarse o apoio á investigación arqueolóxica. AsÃ, os cartos destinados a conservación, protección e consolidación de depósitos arqueolóxicos, ascenden de 170.000 a 250.000 euros no último ano. Ao tempo, Cultura ten previsto achegarlles as entidades sen ánimo de lucro que traballan neste campo 133.333 euros este ano, no que semella unha partida nova. Mantéñense as contÃas nas axudas para a intervencións arqueolóxicas ( dúas partidas de 25.000 euros) e mais nas destinas á conservación e protección do patrimonio (10.000) Tamén continúa cos mesmos 120.000 euros o convenio coa Igrexa para intervencións no patrimonio artÃstico de titularidade eclesiástica.
Menos para lingua
Pola súa banda, o programa 151a, dedicado ao Fomento da Lingua Galega, tivo un descenso de 339.686 euros, ao pasar de 7.079.868 de 2014 a 6.740.182 este ano. O novo recorte dos cartos con este fin sitúan este programa con pouco máis do 30% dos fondos cos que contaba en 2009, ano no que o PP ocupou o goberno da Xunta. Dentro dos investimentos previstos neste ámbito, unicamente soben (20.000 euros) as subvención s a empresas editoras para proxectos en lingua galega, que contan esta volta con 170.000. No entanto, baixan os fondos para accións de promoción da lingua galega desenvolvidas por entidades sen ánimo de lucro, os de Campañas de Normalización lingüÃstica, de 1.092.000 a 834.000, e os de cursos e actividades de formación (de 560.000 a 500.000). Suben os fondos para estudos e traballos de investigación, (de 381.614 a 487.570) e os que van para lectorados e centros de estudos galegos , de 250.000 a 273.416.
Máis difusión de museos
Fronte a estes, ascenden os apartados destinados a Bibliotecas, arquivos museos e equipamentos culturais, (programa 432a), que acapara 406.545 euros a maiores. As subas en partidas concretas detéctanse nos apartados dedicados ás actividades difusoras de Museos e infraestruturas culturais, que pasan de 443.560 euros no pasado ano a 583.560 nesta ocasión, o que supón 140.000 euros a maiores. Fronte a isto, mantéñense os orzamentos dedicados a restauración do patrimonio moble e documental (84.000 euros) e á adquisición e restauración do mesmo (50.000). A outra partida que medra lixeiramente é a destinadas a bolsas de formación en patrimonio moble, que ascenden 2.000 euros e fican en 48.000.
AGADIC e Concellos
O programa de Fomento actividades culturais (432b), obtén 743.110 euros máis e acada os 17.511.094 para 2015. No entanto, son os fondos destinados a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) os que concentran o incremento. Canda a eles, as contas reflicten unha nova partida de 250.000 euros para convenios culturais con concellos asà como un incremento de 90.000 euros nos fondos destinados a construcións e equipamentos culturais para entidades locais (un total de 1.542.000 euros). Mentres, apartados como as axudas a asociacións fundación e entidades sen ánimo de lucro descenden de 601.422 a 544.493 euros, e se manteñen sen mudanzas a maior parte dos puntos do programa.
Verifica ti mesmo os orzamentos da ConsellarÃa de Cultura para 2015 neste PDF subliñado.Menos patrimonio