O Centro Cultural Afundación de Vigo acolle este xoves ás 20:30 horas a estrea de Mar ao norde. A Real Filharmonía de Galicia estrea o último traballo do compositor compostelán Fernando Buide, baseado no poemario de Álvaro Cunqueiro do mesmo título. Segundo explica o músico no web da Filharmonía, "A través do preciosismo da súa linguaxe Cunqueiro revisita símbolos e imaxes como o mar ou a noite. En certa maneira os poemas parecen fluctuar entre imaxes reais e as representacións imaxinadas que realizamos delas. Así, a obra, escrita para orquestra, cun acentuado protagonismo da sección de chelos (composta por seis instrumentistas con partituras diferenciadas), tenta moverse entre as imaxes da orquestra que os chelos reelaboran ou viceversa.
En paralelo, outro compositor galego, David Alonso Garzón, é candidato á edición deste ano dos Hollywood Music Awards, que se fallan hoxe, polo seu traballo nos créditos da serie Vitro.
En paralelo, outro compositor galego, David Alonso Garzón, é candidato á edición deste ano dos Hollywood Music Awards, que se fallan hoxe, polo seu traballo nos créditos da serie Vitro.