Joep Leerssen falará sobre o celtismo no nacionalismo cultural no CCG

A conferencia é de acceso libre o martes 4 de novembro ás 17 h.

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O catedrático de Literatura Moderna Europea da Universidade de Amsterdam Joep Leersen falará sobre "Cultural nationalism as a transnational communicative process: The case of Celticism" dentro do ciclo Os sentidos das culturas, este martes 4 de novembro ás 17 h. no CCG. As principais liñas de investigación de Leersen céntranse na historia intelectual e cultural do nacionalismo en Europa (particularmente o século XIX); a análise crítica, a teoría e a historia dos estereotipos nacionais e interculturais; a historia literaria e cultural de Irlanda; e as relación culturais nas periferias nacionais, zonas de transición e zonas fronteirizas internacionais.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Irlanda, Europa, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos
Lugares