Ao igual que o ano pasado, un total de 21 bibliotecas galegas viron recoñecidos os seus proxectos de dinamización lectora. O Ministerio de Cultura e Educación recoñeceu con cadanseu premio MarÃa Moliner o traballo de 300 centros de todo o Estado situados en concellos de menos de 50.000 habitantes. No noso paÃs foron nove centros da provincia de Pontevedra (Cambados, Catoira, Ogrove, Mos, Poio, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, VilagarcÃa de Arousa), sete da Coruña (Boiro, Cariño, Cerceda, Culleredo, Oleiros, Ordes e Rianxo), tres de Ourense (MuÃños, Pereiro de Aguiar e VerÃn) e dous de Lugo (Antas de Ulla e O Saviñao). Entre elas, moitas xa recibiran anterioremente recoñecementos nestes galardóns, como as de Culleredo, O Saviñao, VilagarcÃa ou VerÃn. Os centros recoñecidos recibirán un lote de material cedido polo Ministerio.