A estas alturas é o título do poemario co que Eduard Velasco gañou o III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que convoca o Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Velasco impúxose entre o medio cento de poemarios presentandos cun traballo no que, segundo o xurado "reflexiona sobre a propia praxe poética desmitificando a súa transcendencia e ironizando sobre a lírica amatoria". Para alén deste premio, dotado con 1.500 euros, o xurado outorgoulle o segundo posto a Gonzalo Hermo pola súa obra Marchamos, mentres o terceiro galardón foi para José Antonio Grela Martínez.