O Consello da Cultura bota a andar o ciclo Conversas na raia

Unha xornada sobre as fronteiras políticas abre este punto de encontro entre Galicia e Portugal

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Un novo punto de encontro para abordar cuestións comúns a Galicia e Portugal. Este é o espírito co que nace Conversas na raia, un novo ciclo que o Consello da Cultura coorganiza coa Universidade do Minho. A Casa Museu de Monção acolle este sábado a primeira edición do programa, que se centra na temática As fronteiras políticas a coincidir cos 150 anos do Tratado España-Portugal que fixou a raia. O presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, xeógrafos como Rubén Lois e Álvaro Domingues e historiadores como Pegerto Saavedra e José Viriato Capela abordarán cuestións como o iberismo, o proceso de fixación de fronteiras e a relación entre Galicia e Portugal na Idade Moderna. Segundo adianta o Consello da Cultura, para vindeiras edicións a iniciativa pretende tratar ámbitos como a música, a antropoloxía ou as festas populares, entre outros.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Pegerto Saavedra, Ramón Villares, Antropoloxía...