O Womex chega a Compostela. Un certame internacional centrado nas músicas do mundo, que achega ao noso país máis de 2.500 especialistas neste ámbito e que promete, segundo asegura a Consellaría, un retorno económico de máis de 2,5 millóns de euros. Falamos con representantes de firmas galegas cunha ampla experiencia nestas citas para saber máis polo miúdo qué se pode agardar desta grande cita.
Desde hoxe e ata o vindeiro día 26 Santiago de Compostela acolle por vez primeira o Womex, a principal feira internacional dedicada ás músicas do mundo. A Consellaría de Cultura calcula que os preto de 2.600 profesionais que visitan a cidade nestes días e mais os negocios que se desenvolverán no marco deste evento, deixarán un retorno económico no noso país de preto de 2,5 millóns de euros. Ademais, falamos dunha cita na que Galicia ten moito que dicir e que supón unha oportunidade para a internacionalización dos nosos artistas. Entidades institucionais como a Cidade da Cultura, AGADIC ou a marca Galician Tunes representan o noso país. Canda a elas, múltiples empresas do sector como Nordesía, principal impulsora deste edición, Culturactiva, Zouma Récords, Inquedanzas Sonoras ou Merlo Branco participan no encontro.
A que van as empresas
Entre as asistentes a esta edición, atopamos a Inma Grass, de Fol Música, que leva case unha década de Womex ás costas. "Esta é a feira de músicas do mundo máis importante que existe. Supón un punto de encontro para as persoas que traballamos neste ámbito, selos e distribuidoras. Nas feiras é onde nos vemos e presentamos as novidades para que as coñezan e as traballen. Ademais tamén nos permite buscar novos camiños e novos contactos cos que traballar". Tamén Xosé Manuel Aldea, de Ouvirmos, ten unha ampla experiencia na que para el "é por definición a feira mundial da World Music. É onde a industria marca por onde irán as tendencias dos vindeiros anos, e para nós é fundamental para conseguirmos presenza internacional", explica, a apuntar que este evento foi fundamental para que a súa compañía conseguise ser pioneira na distribución dos seus contidos por Internet no noso país.
A potencia galega
Para alén da presenza industrial, a pegada galega a nivel artístico na feira é tamén destacada. Así, este ano un galego, Davide Salvado, foi seleccionado pola comisión internacional para actuar na selección oficial, mentres Uxía e mais ao zanfonista Germán Díaz, presentarán os seus traballos no escenario local Atlantic Connections. De xeito xeral, segundo apunta Grass, a música galega ten unha importante presenza no evento. "Pensamos que Galicia é un dos lugares onde a música do mundo está máis viva. Hai lugares específicos onde existe unha grande creación musical e unha audiencia para a mesma. Está Cuba, Brasil, e logo en España están lugares como Andalucía e Galicia, onde se crea moito e existe moito público que segue e consume este tipo de música". Aldea, pola súa banda, sinala que "hoxe en día no mercado global hai un lugar específico para tendencias singulares, tanto de lugares como temporais. No noso campo, por exemplo, vemos que existe moi pouca música legal de comezos do século XX, e iso ten un interese para alén do noso país", explica. A nivel galego, ao seu ver, "logo da explosión da internacionalización que se deu nos primeiros Womex aos que asistimos, hai dez anos, semella que non se avanzou. Este Womex pode axudar a reforzar o papel da música galega de hoxe e reposicionala no panorama internacional", asegura.
As vantaxes de Compostela
O xeito no que celebración da feira en Compostela promete favorecer aínda máis esa presenza internacional da música galega pasa tanto por facilitar a presenza do noso sector como porque este vai ser un dos máis multitudinarios Womex dos últimos anos. "Estou certa de que vai vir moita xente que non acode todos os anos. Falamos de persoas que teñen sensibilidade e respecto pola cultura e mais a historia, e un lugar como Santiago resulta máxico e esplendoroso para moita xente", asegura Grass. Así, "a celebración aquí do Womex ponnos aínda máis no mapa da world music, na que somos unha potencia. Fol música estamos este ano coa etiqueta Top Label, como un dos vinte mellores selos deste tipo de música no mundo", lembra. Obviamente, a proximidade favorecerá que sexan moitos os músicos e promotores que vaian participar no evento, aínda que non debemos esquecer que a inscrición para profesionais esixe un pago de 300 euros.
As mudanzas do mundo
Encol da evolución que o xénero das músicas do mundo seguiu nos últimos anos, para Grass "semella que a world music caeu algo logo do momento álxido que tivo hai uns anos, pero eu penso que entramos de novo nunha fase ascendente. Hai novos artistas con propostas moi interesantes, máis receptividade nos medios e en xeral e cada ano vense máis xanelas para este tipo de música", sinala. Aldea pola súa banda apunta que "as tendencias seguen a ser máis ou menos semellantes a outros anos. son as grandes potencias da industria musical europea e americana quen nos descobren os diamantes das rexións máis potentes. Logo de atender moito a África, nos últimos anos está a se descubrir China e Oceanía". A feira, no entanto, a seguir as evolucións do propio negocio discográfico, sufriu tamén variacións, segundo asegura Grass. "Antes estaba máis orientada á industria discográfica e agora funciona máis como un punto de encontro para festivais", sinala Grass.
Recomendacións
Como recomendacións para os neófitos no Womex, Aldea advirte da necesidade de levar xa un programa moi preparado con antelación. "É unha feira complexa e o normal é traballala antes, chegar con entrevistas pechadas e a axenda cuberta. Resulta moi difícil chegar e ubicarse, un pérdese con facilidade nos estands e non se sabe ben con quen se poden falar e con quen non. Grass, pola súa banda, recomenda "ler con atención o programa e seleccionar que conferencias, documentias ou concertos lle interesan a cada un. Logo hai que pasar polo mercado e ollar os stands, ver qué propostas se levan, é algo mo interesante".
Concertos
Fóra do interese profesional, para o público é de destacar a grande cantidade de concertos, preto de 45, que inclúe o programa do Womex en diferentes espazos de Compostela. Unha miríada de grupos de distintas e tendencias e que resultan moi difíciles de ver ao vivo no noso país. Dentro do programa atópanse propostas a miúdo pouco coñecidas que prometen ser merecentes de se descubrir. Falamos de grupos como El gusto orchestra, Ed Motta, Esther Rada, Cesaria Evora Orchestra, Baloji, Orkesta Mendoza ou Ajinai. Canda a eles, moitos máis para se mergullar e coñecer polo miúdo. Quizais acaben sendo a revelación deste ano...