A Federación de Gremios de Editores de España acaba de facer público o seu informe Comercio interior del libro en España correspondente ao ano 2013. Os datos sinalan que en Galicia continúa a minguar o número de obras editadas por empresas, que no perÃodo estudado diminuÃu un 10,9 por cento a respecto de 2012. Segundo recolle Manuel Bragado, director de Edicións Xerais no seu blog Brétemas e mais en Galicia Confidencial, en 2013 os membros da Asociación Galega de Editores publicaron 1.682 tÃtulos, fronte aos 1.888 de 2012. Dos mesmos, 1346 foron en galego, 315 en castelán e 21 noutras linguas. A sumar os libros editados por eles e os de editores foráneos saÃron na nosa lingua 1747 tÃtulos en 2013 fronte aos 1848 do ano anterior.
Baixa tamén o número de exemplares impresos, aÃnda que de xeito paradoxal, en menor medida do que os tÃtulos editados, o que revela un certo incremento na tiraxe media de cada obra, que pasou dos 1.285 exemplares por tÃtulo de 2012 aos 1.352 de 2013.
Na súa análise, Bragado apunta tamén que se mantén a importante dependencia do sector editorial galego das obras de Literatura, Texto e Literatura Infantil e Xuvenil, considerados polo editora como vencellados ao consumo en centros de ensino. Segundo sinala, "o número dos publicados en 2013 destes tres xéneros «paraescolares» (1.120) representa o 85,7%, mentres que o número de exemplares producidos (1.564.000) o 87,26 % do total, supoñendo a súa facturación (18,40 millóns de €) o 89,8 % do mercado".
Comercio interior del libro en España 2013.Baixa tamén o número de exemplares impresos, aÃnda que de xeito paradoxal, en menor medida do que os tÃtulos editados, o que revela un certo incremento na tiraxe media de cada obra, que pasou dos 1.285 exemplares por tÃtulo de 2012 aos 1.352 de 2013.