Deseño, música, videoclips... e ukeleles. Implicar a dez deseñadores, dez solistas e conxuntos de música e dez produtoras audiovisuais arredor dun instrumento é a ambiciosa proposta que desenvolveu a tenda O Gato Cósmico co seu Ukelele Kit Project. O resultado desta iniciativa pode verse este mes cunha exposición na Zona C de Compostela.
Hai xa varios anos que os ukeleles reivindican o seu lugar como instrumento de moda. A facilidade para tocar esta pequena guitarra de catro cordas e o atractivo do seu son está a facer que moita xente, tanto afeccionados como profesionais, aposten por incorporala á súa vida. Deste xeito, o ukelele está a se facer omnipresente en múltiples vÃdeos de Youtube, anuncios televisivos ou filmes, e está a se amosar como un instrumento predilecto para moitos músicos tanto á hora de compor como para abordar versións acústicas dos seus temas. Mergullados nesa onda, a tenda O Gato Cósmico comezou a vender Ukeleles Kits, instrumentos por pezas para montar na casa, cunha grande aceptación. Transformada en tenda virtual, Matilde RodrÃguez, responsable da iniciativa optou por "continuar co proxecto como promotora cultural". AsÃ, a partir do ukelele que "é algo que me gusta moito, con grupos como Beirut ou Devendra Benhart ", e "pensei que con esa excusa se podÃa involucrar a xente nunha proposta".
Trinta nomes e un ukelele
AsÃ, naceu o Ukelele Kit Project, unha proposta que concitou a participación dun bo feixe de persoas de diferentes ámbitos creativos. O primeiro paso foi remitirlle dez destes kits a outros tantos artistas e deseñadores para que os personalizasen. A continuación, distribuÃronse estes instrumentos entre outros tantos grupos e solistas da escena galega para que, con eles, interpretasen cadanseu tema adaptado ao son do ukelele. E, finalmente, convidouse a dez produtoras audiovisuais a que elaborasen cadanseu vÃdeo dun destes artistas a interpretar dito tema. O resultado, dez vÃdeos, dez versións, dez ukeleles artÃsticos. Segundo apunta RodrÃguez "sorprendeume que resultou sinxelo implicar a xente. Explicáballes a idea e case todo o mundo dixo que si moi rapidamente". Malia á colaboración, desenvolver este proxecto artÃstico multidisciplinar implicou moito traballo e tempo. "Foi case un ano que botamos a compaxinar moitos calendarios. Hai que pensar que aÃnda que son trinta nomes, na realidade implÃcase a moita máis xente, porque tanto os grupos como a maior parte das produtoras están formadas por varias persoas", lembra.
Participantes
AsÃ, esta iniciativa integrou grupos como Apenino ou Os Amigos dos Músicos que xa tiñan experiencia con este instrumento. Canda a eles, "busquei outros grupos, a maiorÃa, que nunca o empregaran". Novedades Carminha, Linda Guilala ou Ataque Escampe son algúns dos debutantes coas catro cortas. A nivel artÃstico, personalizaron os instrumentos creadores como Jano, Pelucas, Rebeca Losada, Cinta Arribas, Eme ou MarÃa Nóvoa, e no apartado audiovisual colaboraron firmas como Illa Bufarda, Samthing Visual, A&B Comunicación e Deseño, Diplodocus, ETT Comix ou Baixo Miño estudios, entre outros. Segundo explica RodrÃguez, "a nivel de vÃdeos sorprendéronme como están feitos todos. Logo nos artistas gustoumeu que cada ukelele define bastante o artista, en xeral seguiron o seu estilo aÃnda que houbo casos como o de Marcos Vigo, que polo xeral fai ilustración infantil e presentou un ukelele glam".
Coñecer o uke
O resultado final de toda esta iniciativa pode verse desde onte e ata o sete de decembro na Zona C de Santiago de Compostela. Aos ukeleles e os vÃdeos resultados deste traballo súmase tamén unha serie de concertos a cargo de seis dos grupos que participaron na iniciativa aos que se suma un recital especial e cargo de VÃctor Coyote. E para mais, tamén se proxectarán traballos das produtoras que participaron nesta iniciativa. Os interesados en coñecer algo máis do proxecto, teñen na rede galerÃas fotográficas dos ukeleles personalizados e poderán ir vendo todos os vÃdeos que fixeron parte da iniciativa. Segundo adianta a responsable da inciiativa, "o proxecto vai para longo aÃnda. A miña idea é movelo como exposición e con algún concerto por diferentes espazos de Galicia". Calquera dÃa, os ukeleles poden chegar á túa vila.